Estrella de Diego

Catedrática da Universidade Complutense de Madrid

Estrella de Diego é ensaísta, Catedrática da Universidade Complutense de Madrid e Académica de número da Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid. Ocupou a Cátedra King Juan Carlos I of Spain, of Spanish Culture and Civilization (N.Y.U.), a XIII Cátedra Internacional de Arte Luis Angel Arango (Banco da República de Bogotá) e foi distinguida coa Ida Cordelia Beam Distinguished Professorship for 2017-18.
 
Foi bolseira Fulbright na NYU, membro de Comité Asesor do Collegium for Advanced Studies at Helsinki University e padroa da Fundación Carolina. É Padroa da Academia de España en Roma, da Fundación General da UCM, o Museo Reina Sofía, o Instituto Cervantes e membro do consello asesor da Bienal Sur Buenos Aires (Muntref), a Norman Foster Foundation, o Real Colegio Complutense at Harvard e o MACBA. Foi profesora convidada ou visitante en numerosas institucións e museos: Saint Martin’s London, Universidad Tres de Febrero Buenos Aires, Oxford University, Externado Bogotá, Univeristy of Illinois, UCLA, MoMA New York, Guggenheim New York, Bienal de Sao Paulo, Paris 8, Universidade de Estrasburgo, Sorbona París, Banco da República Bogotá, Museo del Prado, MNCARS, Fundacion Bienal de Sao Paulo, Fundación Oiticica, Fundación Thyssen, Fundación la Caixa, Museo Reina Sofía, Biblioteca Nacional, Fundación Mapfre…
 
É autora de numerosos libros e traballos de investigación. Os seus libros e ensaios inclúen La mujer y la pintura en la España del siglo XIX (Madrid, Cátedra, 1987, 2009), El andrógino sexuado. Eternos ideales, nuevas estrategias de género (Madrid, Visor, 1992), Tristísimo Warhol (Madrid, Siruela, 1999), “Representing Representation. Reading Las Meninas, Again”, in Velázquez’s Las Meninas (Cambridge University Press, 2003), Querida Gala (Madrid, Espasa, 2003), Travesías por la incertidumbre (Barcelona, Seix Barral, 2007), Maruja Mallo (Madrid, Mapfre, 2008), Contra el mapa (Siruela, 2008), “Währenddessen. Der Besuch von Struth im Museo del Prado”, (Munich, Schirmer/Mosel, 2009); No soy yo: Autobiografía, performance y los nuevos espectadores (Madrid, Siruela, 2011); “La coleccionista de historias”, Cristina Iglesias. Metonimia, M.N.C.A.R.S., Madrid (2013), “At Home: That in the Night”, Guillermo Kuitka. Philosophy for Princesses. Works 1980-2013, Pinacoteca do Estado de Sao Paulo (2014), “El futuro y otros mitos modernos”, Cristina Iglesias/Thomas Struth. Constructions of the imagination, Ivorypress (2014), “Out There, “Return to the Native Land: the Invention of the Origin”, Joaquín Torres García. The Arcadian Modern (MOMA 2015), “Sigue Lloviendo. Lluvia”, Alberto Greco. ¡Qué grande sos!, Museo de Arte Moderno de Buenos Aires, Buenos Aires (2016), Ofter Gebrauchsanleitung. Sacrifices: Instructions for Use, La Ribot. Occupatiooon!, Berlin, (2017). Foi a directora da colección Mínima de Editorial Siruela’s collection Azul Mínima, e é asesora das coleccións de arte da Editorial Cátedra. Foi ou é membro do Consello de Redacción ou Académico da Revista de Occidente, La balsa de la Medusa, Art Press, Reales Sitios e Ars Longa.
 
Fixo de comisario en exposicións como a representación española na 22 Bienal de Sao Paulo, Participación Española (1994) e na 49 Bienal de Venecia (2001); Warhol sobre Warhol (La Casa Encendida, 2007), Sophie Taueber-Arp (Museo Picasso de Málaga, 2009). Entre as súas últimas exposicións cómpre salientar Anna Bella Geiger, Geografía y Humana (CAAC, Casa Encendida, Muntref de Buenos Aires), Liliana Porter (Artium), Campo a través. Arte colección del Banco de la República (Comunidad de Madrid), Gala Salvador Dalí. Una habitación propia en Púbol (MNAC) ou Bernice Abbot. Retratos de la modernidad (Mapfre, 2019).
 
Foi galardoada co XI Premio Periodístico sobre a Lectura da Fundación Sánchez Ruipérez e recibiu a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes polo seu labor como escritora e investigadora. É columnista habitual do diario El País.

Guillermo Barrios

Arquitecto

Arquitecto (1976), Magister en Urbanismo (1978), Doutor en Arquitectura e Profesor Titular da Facultade de Arquitectura e Urbanismo, Universidade Central de Venezuela, da cal foi electo e cumpriu dous períodos como decano (2008-2014). Na actualidade reside e traballa en Madrid.
 
Foi Hubert Humphrey Fellow (1980-1982) e profesor convidado (1994-1996) do Hunter College da City University de Nova York. Investigador Convidado do Museo Getty, Fundación Getty, Los Angeles, California (2002). Para o Fund for Arts and Culture in Central and Eastern Europe (Washington D.C.) lidera seminarios e obradoiros de actualización na xestión museística en Diversas cidades de Ucrania (2001-2007).  Foi parte do comité internacional de asesores para a produción da exposición Latin America in Construction: Architecture 1955-1980, o máis importante proxecto museístico ata agora realizado sobre o tema, no Museo de Arte Moderna de Nova York (MoMA, 2015), e exposición da cal estivo a cargo da visita guiada inaugural. Foi un dos relatores convidados á conferencia internacional sobre arquitectura latinoamericana celebrada na Universidade de Princeton (2015).
 
En Venezuela traballou na xestión cultural pública, como subdirector da Galería de Arte Nacional, Caracas (1983-1985) e Director Xeral de Museos do Consello Nacional da Cultura, CONAC (1999-2001), onde estivo a cargo do deseño conceptual da Rede Museos de Venezuela. Levou adiante unha extensa práctica independente no eido museístico, como curador e museógrafo. Na actualidade dirixe un proxecto cultural na cidade de Madrid, Cesta República, o cal realizou máis dun cento de eventos desde a súa apertura en outubro de 2016, incluíndo obradoiros, recitais de música e poesía, encontros con intelectuais iberoamericanos en diversas áreas do quefacer creativo e exposicións de arte e artesanía contemporánea. Colabora con diversas publicacións periódicas especializadas. Os últimos artigos en publicacións arbitradas, referidos á arquitectura das salas de cine e o cruce de influencias Madrid-Caracas, foron entregados á revista Apuntes, da Universidade Javeriana de Bogotá, Colombia (publicado, Vol. 30, Nº. 2, novembro 2018) e EDA, Esempi di Architettura, Roma (publicado no número de xaneiro de 2019).
 
É autor dos libros Inventario del Olvido, la sala de cine y la transformación metropolitana de Caracas (Fundación Cinemateca Nacional, 1991), Ciudades de Película (Fundación Cinemateca Nacional e Editorial Eventus, 1998) e Tramas Cruzadas, el rol de la ciudad en el cine venezolano (Ediciones FAU, Caracas, 2010). Capítulos en Beyond the Turnstile: Making the Case for Museums and Sustainable Values (Rowman & Littlefield, Los Angeles, 2009) e Remix: Changing Conversations in Museums of the Americas (University of California Press, Los Angeles, 2016).

Gerardo Mosquera

Crítico e comisario

Gerardo Mosquera é un comisario, crítico e historiador de arte e escritor independente, con base na Habana, Madrid e o mundo. Asesor da Academia de Belas Artes do Estado de Holanda e outras institucións culturais. Membro dos consellos de varias revistas e centros de arte internacionais. Co-fundador da Bienal da Habana, foi curador do New Museum of Contemporary Art, Nova York, director artístico de PHotoEspaña, Madrid, e, recentemente, da IV Trienal Poli/Gráfica de San Juan, a III Documents, Beijing, e a XXI Bienal de Arte Paiz, Guatemala. Foi comisario e participou noutras bienais e numerosas exposicións internacionais. Publicou varios libros e máis de 700 textos en libros, catálogos, revistas e sitios na rede de moitos países e linguas. Ten organizado e contribuído a múltiples simposios internacionais, e ditado conferencias e seminarios en universidades e outras institucións nos cinco continentes. Recibiu a Bolsa Guggenheim, Nova York.

Marga Paz

Directora Fundación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía

Directora-Xerente da Real Asociación Amigos do Museo Nacional Centro de Arte Raíña Sofía. Estudou Historia da Arte na Universidade Complutense de Madrid e na Université de la Sorbonne, París IV. Entre 1984 e 1986 comisariou exposicións nos madrileños Centro de Exposicións do Ministerio de Cultura, Biblioteca Nacional ou Palacio de Velázquez. Durante a etapa 1986-1992 dirixiu en Madrid a Galería Marga Paz e en 1992-94 a londiniense Galería Anthony D’Offay. Desde 1994 ata a actualidade foi comisaria de exposicións na Fundación Serralves (Oporto), Sala Rekalde (Bilbao), Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía (Madrid), IVAM (Valencia), Centro Atlántico de Arte Moderno (Las Palmas de Gran Canaria), Museo de Bellas Artes de Bilbao, Museum Frieder Burda (Baden-Baden), Fundación Caixa de Pensions (Barcelona) ou Bucherius Kunst Forum (Hamburgo). Andy Warhol, Richard Long, Roberto Matta, Gilbert & Georges, Oskar Schlemmer, Richard Hamilton, Christopher Wool, Magdalena Abakanowicz ou Francis Picabia son algúns dos artistas con cuxa obra ten traballado.