BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Conferencia "Antonio Saura e a súa exploración da España escura: Goya e outros" dentro do ciclo “Do presente ao pasado. Vangarda e tradición na arte española contemporánea”

Xoves 26 de Xaneiro de 2017

20:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

Manuela B. Mena Marqués

Xefa de Conservación de Pintura do século XVIII e Goya, Museo do Prado
Título: Antonio Saura e a súa exploración da España escura: Goya e outros

Resumo: Unha aproximación a Antonio Saura nun curso que procura as raiceiras dos artistas estudados, sobre todo en relación ás orixes españolas, ha de ter en conta máis que a inspiración do artista en obras doutros xa pasados, como Goya ou Solana, a súa obsesión persoal pola presentación dunha realidade para el esencial e definitiva do español, nun tempo que foi moi concreto, entre os anos 50 e os 80 do século XX. Saura sintonizou co período do 98, cos intelectuais e os artistas que viron o máis escuro da vida e da sociedade española, e buscou as súas raíces nos artistas, como Gutiérrez Solana, entre outros, e Goya, máis afastado no tempo, que tiveron tamén esa vertente tráxica e negra, que non semellaba deixar unha físgoa á esperanza. Non foron os únicos que Saura sentiu como próximos á súa sensibilidade senón que nel, coma no seu irmán cineasta, Carlos Saura, houbo unha clara vertente que se podería entender como "nacionalista" na procura e, mellor dito, o entendemento da negritude española que se remonta ata a pintura medieval.





PRÓXIMOS EVENTOS