Concurso "2018: Enreda na rede"

Co obxectivo de fomentar o debate na aula sobre o uso das novas tecnoloxías, e de que o estudantado reflexione sobre a utilización das redes sociais, achegando a súa visión persoal, ponse en marcha un concurso de deseño baseado na creación dun slogan e unha representación gráfica sobre o bo uso das redes sociais entre adolescentes.
 
Está dirixido ao alumnado matriculado durante o curso 2017-2018 en centros educativos de Galicia en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios de Formación Profesional, os cales poden presentar as súas propostas ata o 15 de abril de 2018.