BUSCAR
Día Mundial contra o Alzheimer. Charla: “Ti decides como queres que te coiden”
Xoves 19 de Setembro de 2019
19:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
No primeiro semestre de 2019, 674 galegos formalizaron o seu testamento vital no “Rexistro galego de instrucións previas”. Deles o 99% fai mención expresa aos coidados e os tratamentos para a súa saúde que se deben facer se el/ ela non se pode expresar.
Co gallo do día mundial contra o Alzheimer, a Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa unha charla formativa baixo o título “Ti decides como queres que te coiden” na cal Cristina Rodríguez Blanco, membro do “Comité de ética asistencial do CHUAC” e Traballadora Social do Hospital Materno Infantil "Teresa Herrera" e Luisa Andaluz Corujo, Traballadora Social da Unidade de Coidados Paliativos (UCP) do Hospital de Oza, CHUAC, orientarannos sobre a importancia de ter información especializada para tomar decisións relevantes sobre os coidados e tratamentos en situacións criticas e incluso despois do pasamento. Recoller documentalmente aqueles coidados que queremos que nos sexan dispensados no momento en que non poidamos tomar decisións por nós mesmos é un instrumento máis para garantir o respecto dos profesionais ás decisións das persoas. A sanidade pública galega dispón deste servizo desde xaneiro de 2015.
A entrada é libre e de balde ata completar a capacidade do local.
ETIQUETADO EN: ALZHEIMER , CHARLAS , INTERVENCIÓN
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-