Postdoctoral Fellowship Program

Postdoctoral Fellowship Program

Convocatoria aberta

A Fundación Barrié convoca o Postdoctoral Fellowship Program para a realización dos estudos de posdoutorado na Escola de Posgrao de Louisiana State University Health Sciences Center, Shreveport, Estados Unidos.
 
O Programa, dirixido a investigadores galegos na área de Ciencias da Vida, permite desenvolver investigación avanzada baixo a mentorización de investigadores de prestixio internacional. Entre as principais áreas de investigación inclúense: a Microbioloxía e Inmunoloxía; Cardioloxía; Cancro; e Farmacoloxía. O Programa, que ten unha duración de catro anos, compleméntase con actividades de formación, obradoiros, seminarios e outras actividades de networking dirixidas ao conxunto da comunidade universitaria.
 
A presente convocatoria ten prevista a concesión dun máximo de dúas bolsas. Os candidatos seleccionados recibirán apoio económico en concepto de research stipend e living allowance.
 

CONTIDOS RELACIONADOS