Arte Contemporánea Internacional

Inicio / Patrimonio e Cultura / Colección de Arte / Arte Contemporánea Internacional

Colección de Arte Contemporánea Internacional

A colección de arte contemporánea internacional, iniciada en 2008 e construída sobre o tradicional apoio da Fundación ás Artes desde diversos ámbitos, está formulada coa finalidade de dar resposta á pregunta “De que falamos cando falamos de pintura hoxe?” e con ela a Fundación persegue traer o mellor da pintura contemporánea internacional a Galicia e achegar os mellores valores da arte galega ao mundo.

A colección, composta por 51 obras, integra a artistas galegos con presenza en coleccións internacionais (Ángela de la Cruz, Suso Fandiño, Álvaro Negro, Manuel Vilariño ou Pedro Barbeito) con valores emerxentes (Sandra Cinto, Andrei Roiter, Shinique Smith, Manuel Caeiro ou Yves Oppenheim), figuras consolidadas da pintura contemporánea española e internacional (Jason Martin, Daniel Verbis, Simeón Saiz Ruiz, Günther Forg, Frank Nitsche ou Pedro Calapez) e nomes chave para a pintura da segunda metade do século XX (Imi Knoebel, Jonathan Lasker, Helmut Dorner, Jean-Marc Bustamante ou Jessica Stockholder).

EXPLORA LAS OBRAS DE LA COLECCIÓN

CONTIDOS RELACIONADOS