BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


A xornada vai dirixida a profesionais da comunidade educativa e da intervención social no marco do Programa Ktorce-18

05-05-2016

  • Dirixida a profesionais da comunidade educativa, da intervención social e estudantes universitarios, ten como obxectivo dar a coñecer as Prácticas Restaurativas,  un modelo novidoso e eficaz de intervención que ademais axuda a previr situacións conflitivas nas aulas.
  • Para iso, a xornada “2016: o reto do acoso escolar” conta con profesionais de diferentes ámbitos da intervención especializada, entre os que se encontra Jean Schmitz, formador do Instituto Internacional de Prácticas Restaurativas (IIRP).
  • A xornada enmárcase dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, con sede en Vigo, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnos e profesores). Durante o ano 2015, participaron no programa 5.471 persoas, entre alumnos, familias e profesores.
  • Con esta iniciativa, a Fundación Barrié que fai 50 anos de historia, reafirma o seu profundo compromiso co Terceiro Sector Social en Galicia, apoiado desde as súas orixes cun investimento total de 43 millóns de euros. 

Xornada "2016: o reto do acoso escolar"
© Fundación Barrié

Vigo, 5 de maio de 2016.- A Fundación Barrié e a Asociación ARELA organizan conxuntamente a Xornada “2016: o reto do acoso escolar”, que terá lugar na sede da Fundación Barrié de Vigo o vindeiro 5 de maio (de 15:30 a 20.30h).
 
O obxectivo é ofrecer un foro de reflexión e traballo dirixido a profesores e profesionais da intervención social sobre o problema do acoso escolar, sobre como previlo e actuar ante os problemas que se derivan destas situacións. Dentro da xornada prestarase especial atención ás Prácticas Restaurativas,  un modelo novidoso e eficaz de intervención que ademais axuda a previr situacións conflitivas nas aulas.
 
Para iso, a xornada conta con profesionais de diferentes ámbitos da intervención especializada, entre os que se encontra Jean Schmitz, Fundador e director do Instituto Latino Americano de Prácticas restaurativas (IIRP) quen profundará sobre as Prácticas Restaurativas, ademais de coordinar, xunto al equipo de Arela, unha sesión práctica baseada nun caso real de acoso escolar.  

Programa Ktorce 18

Esta xornada enmárcase dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, de apoio á infancia e xuventude, con sede en Vigo, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais, alumnos e profesores). Durante o ano 2015, participaron no programa 5.471 persoas, entre alumnos, familias e profesores.
 
A través de charlas divulgativas e outras actividades, os alumnos de 2º a 4º de ESO e os pais coñecen aspectos descoñecidos desta lei como a cantidade de medidas impostas polos xulgados de menores, a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou a responsabilidade colectiva a respecto do tipo de sociedade que se constrúe e o comportamento que se potencia nesta.
 
Perfil profesional de Jean Schmitz
 
Lic. en Ciencias Políticas, Universidade de Lovaina, Bélxica (equivalente ao Máster en E.E.U.U., recoñecido polo World Education Service). Actualmente está cursando Mestría en Prácticas Restaurativa no International Institute for Restorative Practices, Pensilvania, EEUU, do cal é  instrutor e especialista na prevención e resolución de conflitos desde diferentes ámbitos: familiar, escolar, comunitario, laboral e dentro do sistema de administración de xustiza. Foi fundador e director ata maio de 2015 do Instituto Latino Americano de Prácticas Restaurativas afiliado ao International Institute for Restorative Practices (escola de posgrao; fornecedor máis grande do mundo en prácticas Restaurativas www.iirp.edu).

Foi director de múltiples proxectos sociais para diversos organismos internacionais desde 1983 en varios países de Latino América, Caribe e África. Foi o promotor e director executivo do Primeiro Congreso Mundial de Xustiza Xuvenil Restaurativa realizado en novembro de 2009 en Lima, Perú, sendo delegado da Fundación Terre des hommes no Perú. Participou como conferenciante convidado en eventos internacionais en Europa, África, Asía, Estados Unidos e Latino América. É autor de diversos artigos sobre a Xustiza Xuvenil Restaurativa e Prácticas Restaurativas. O proxecto de Xusticia Xuvenil Restaurativa que liderou no Perú foi gañador no 2010 do Premio Veillard Cybuslki outorgado pola Asociación Internacional de Xuíces e Maxistrado da Familia e Xuventude. Realizou consultoría e acompañamento a diversos organismos públicos e privados, nacionais e internacionais como: Municipalidade Metropolitana de Lima; Ministerio de Educación; Poder Xudicial; Ministerio Público; Instituto Nacional Penitenciario; ONGs, Empresas privadas e Organismos das Nacións Unidas (UNICEF e UNODC). Actualmente ofrece conferencias e cursos de prácticas restaurativas en diversos países de Latino América (Perú, Brasil, Bolivia, Colombia, O Salvador, Ecuador, México, República Dominicana e Arxentina) e España.