BUSCAR
Memoria Anual 2023
IDENTIDADE VISUAL CORPORATIVA
SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER
Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié
Subscribirse
CONTACTO DE PRENSA
Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa
T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org
CONCURSO FINALIZADO. O concurso musical e audiovisual desenvólvese no marco do proxecto Ktorce-18
-
O IES Alexandre Bóveda de Vigo acadou o primeiro premio na modalidade musical. Na modalidade audiovisual o premio correspondeu ao IES Fin do Camiño de Fisterra. Os accésits corresponderon ao Colexio Santa Cristina de Vigo e ao IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, na modalidade musical e audiovisual respectivamente.
-
35 traballos das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo presentáronse a este concurso dirixido a alumnos de centros educativos galegos matriculados en Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios de Formación Profesional que ten como fin profundar sobre o problema do acoso escolar a partir da visión dos propios adolescentes.
-
Os actores Carlos Blanco, Marta Larralde e AveLina e representantes do eido musical como Soul Jacket, Festival Portamérica e Resurrection Fest foron varios dos profesionais que colaboraron como xurado neste concurso.
A Coruña, 16 de xuño de 2016.- A Fundación Barrié e a Asociación Arela entregaron esta tarde os premios aos gañadores do concurso musical e audiovisual 2015-2016 O reto do acoso escolar.
Este concurso, que ten como obxectivo profundar sobre o problema do acoso escolar a partir da visión dos propios adolescentes premia a imaxinación, a orixinalidade, a creatividade, e a representación de valores relacionados coa convivencia.
Nesta primeira edición do concurso recibíronse un total de 35 traballos das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo. O IES Alexandre Bóveda de Vigo acadou o primeiro premio na modalidade musical. Na modalidade audiovisual o premio correspondeu ao IES Fin do Camiño de Fisterra. Os accésits foron para o Colexio Santa Cristina de Vigo e o IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz, na modalidade musical e audiovisual respectivamente.
Os traballos finalistas están publicados na web de Arela.
No acto de entrega dos premios proxectáronse os dous audiovisuais finalistas. Así mesmo, os alumnos finalistas na modalidade musical interpretaron as súas composicións en directo.
Os premios consisten en vales agasallo cambiables por material musical ou audiovisual, libros, discos ou material educativos.
Este proxecto da Fundación Barrié e a Asociación Arela contou coa colaboración desinteresada, como membros do xurado de:
-
Na modalidade audiovisual:
- A actriz, dramaturga e directora teatral, Avelina
- O actor Carlos Blanco
- Marta Larralde, Actriz
- Javier Bouzas, Bolseiro da Fundación Barrié
- Julio Barreiro, Director da Asociación Arela
- Judith Velasco, Asociación Bule contra o Bullying
-
Na modalidade musical:
- Cristina García, representante do Festival Portamérica
- Iria Quenlle, representante do Resurrection Fest
- O cantante do grupo The Soul Jacket, Toño López
- Alfonso Rivera, Bolseiro da Fundación Barrié
- Julio Barreiro, Director da Asociación Arela
- Judith Velasco, Asociación Bule contra o Bullying
RELACIÓN DOS TRABALLOS GAÑADORES
MODALIDADE MUSICAL
1. PREMIO
IES Alexandre Bóveda (Vigo)
“Un día máis”
ACCÉSIT
Colexio Santa Cristina (Vigo)
“Día a día un sorriso”
MODALIDADE AUDIOVISUAL
1. PREMIO
IES Fin do Camiño (Fisterra)
“Cibermentores”
ACCÉSIT
IES Poeta Díaz Castro (Guitiriz)
“Pingas de Auga”
Este concurso enmárcase dentro do Programa Ktorce 18, unha iniciativa da Fundación Barrié e da Asociación ARELA, de apoio á infancia e xuventude, con sede en Vigo, que ten como fin achegar a Lei do Menor á comunidade educativa (pais e nais, alumnado e profesorado). Durante o ano 2015, participaron no programa 5.471 persoas, entre alumnos, familias e profesores.
A través de charlas divulgativas e outras actividades, os alumnos de 2º a 4º da ESO e os pais e nais coñecen aspectos descoñecidos desta lei como a cantidade de medidas impostas polos xulgados de menores, a complexidade da realidade de cada menor que delinque ou a responsabilidade colectiva a respecto do tipo de sociedade que se constrúe e o comportamento que se potencia nesta.