BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

Memoria Anual 2022

Memoria corporativa e edicións anteriores

SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse

CONTACTO DE PRENSA

Suzana Mihalic
Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa


T. +34 981 060 091 / 659 459 030
smihalic@fbarrie.org


CONCURSO FINALIZADO. O concurso desenvólvese no marco do proxecto Ktorce-18

15-03-2016

  • O Concurso está organizado pola Fundación Barrié e a Asociación Arela no marco do proxecto Ktorce-18.
  • Os profesionais que colaboran como xurado neste concurso son os actores Carlos Blanco, Marta Larralde e AveLina e representantes do eido musical como Soul Jacket, Festival Portamérica e Resurrection Fest.
  • O obxectivo do concurso é profundar no problema do acoso escolar a partir da visión dos propios adolescentes. 

Concurso 2015-2016: "O reto do acoso escolar"
© Fundación Barrié

Dende o mes de febreiro a Fundación Barrié e a Asociación ARELA falan en clave de prevención de Acoso Escolar, xa que teñen en marcha unha serie de actuacións durante este curso escolar que teñen que ver con esta problemática. Nesta ocasión a través dun concurso destinado aos centros educativos de Galicia, no que a través de dúas modalidades; audiovisual e musical, o alumnado pode presentar as súas reflexións na loita contra calquera tipo de acoso escolar nos centros educativos galegos.
Nesta ocasión profesionais do mundo da música e das artes escénicas de Galicia colaboran neste proxecto, formando parte do xurado que fallará os premios de ambas categorías.
 
O xurado, segundo a súa modalidade, está  composto polos seguintes profesionais:
 

  • Audiovisual: Carlos Blanco (actor) , Marta Larralde (actríz), AveLina (actriz, dramaturga e directora teatral)*
  • Musical: Cristina García (Festival Portamérica), Iria Quenlle  (Resurrection Fest) e Toño López (cantante de The Soul Jacket)*

 

*A maiores forman parte de ambas modalidades un representante da Asociación ARELA, unha da Fundación Barrié e unha de Bule contra o bullying (proxecto de prevención de acoso escolar).
 

O Concurso 2015-2016: "O reto do acoso escolar” está dirixido ao alumnado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional Básica e Ciclos Medios dos centros educativos de Galicia. O prazo para a presentación de traballos todavía está aberto ata o 15 de maio.

 
 

Máis información en:

www.arela.org/

http://www.fundacionbarrie.org/Ktorce18_Concurso

 

Facebook: www.facebook.com/AsociacionArela

Twitter: @AsociacionARELA

 
Asociación ARELA
Rúa: Ernesto Lecuona, 11 baixo. 36205 Vigo
Persoa de contacto: Julio Barreiro González e Ana Pérez Figueroa
Teléfono: 986 21 25 37