BUSCAR
Xornadas de Neuropsicoloxía: Aplicacións e implicacións no ámbito educativo
Venres 16 de Novembro de 2018
16:30-20:30
Sede Vigo
Ata completar aforo
Sábado 17 de Novembro de 2018
09:00-14:00 y 16:00-20:00
Sede Vigo
Entrada de balde previa inscrición.
Data límite de inscrición 16 de novembro de 2018 ata as 12.00h ou ata completar aforo.
Saúde Mental, R/Romil 84 - 36211 Vigo. Tel.: 986 416 876
O avance da neurociencia fai que nos atopemos non diante dunha moda pasaxeira senón diante dunha auténtica revolución con implicacións ata o momento inimaxinables; que nos axudarán a comprender o ser humano en xeral e, en canto ao tema que nos ocupa, a comprender os trastornos mentais, desde un nivel de análise (complementario e non excluínte), relacionándoos con patróns de afectación cerebral.
Obxectivos: O obxectivo deste curso é expor os avances no coñecemento do cerebro para explicar os trastornos mentais desde a perspectiva do funcionamento cerebral e as implicacións que iso leva consigo para a práctica clínica e, así mesmo, formular liñas xerais dun novo marco conceptual para a psicoloxía e a pedagoxía.
Destinatarios: Profesionais do ámbito da Educación, Saúde Mental, servizos sociais, mediación social, familiares, persoas afectadas e outros representantes da comunidade con interese pola promoción da saúde, de xeito particular da Saúde Mental.
Metodoloxía:
- Exposición de contidos teóricos.
- Reflexións teórico-prácticas.
- Participativa. Todas as situacións consensuadas cos participantes.
- A teoría como resultado da experiencia.
Javier Tirapu Ustárroz
Javier Tirapu Ustárroz é neuropsicólogo clínico e director científico da Fundación Argibide para a promoción da saúde mental. Impartiu máis de 500 conferencias, relatorios e cursos de divulgación sobre temas de neurociencia. Conta con máis de 220 publicacións e 8 libros relacionados coa Neuropsicoloxía. Así mesmo, é membro do comité científico e revisor de 10 revistas de neuroloxía. É profesor en 14 mestrados sobre neuropsicoloxía e neuroloxía da conduta en España e Iberoamérica. Co-director do mestrado sobre neuropsicoloxía da Universidade Pablo de Olavide e do Mestrado sobre trastornos do Espectro Autista. Coautor do documento de consenso sobre adiccións e neurociencia da Sociedad Española de Toxicomanías. Nomeado consultor experto para o plan de demencias da Generalitat de Cataluña. É premio nacional de Neurociencia Clínica outorgado polo Consorcio Nacional de Neuropsicoloxía en 2012. Os seus estudos centráronse preferentemente no estudo da neuropsicoloxía do córtex prefrontal e en aspectos como a intelixencia, a conciencia, as funcións executivas, as emocións e o cerebro social.
PROGRAMA
16 DE NOVEMBRO (Desde 16.30 ata 20.30h)
17.00 – 17.30h: Para que serve o cerebro?: unha visión holística.
17.30 – 18.00h: As falsas dicotomías.
18.00 – 18.45h: Modelos de intervención en psicoloxía clínica: cara a un novo marco conceptual en psicoloxía.
18.45 – 19.15h: Momento de lecer.
19.15 – 19.45h: Evolucionismo para comprender.
19.45 – 20.30h: Neuropsicoloxía da atención e TDAH.
17 de NOVEMBRO (Desde 9 ata 14.00 e desde 16.00 ata 20.00)
Mañá
9.00 – 10.00h: Neuropsicoloxía da memoria: proposta dunha nova taxonomía e as súas implicacións na educación.
10.00 – 11.30h: Neuropsicoloxía e proposta dun modelo baseado nos procesos.
11.30 – 12.00h: Momento de lecer.
12.00 – 13.00h: Avaliación das funcións executivas e implicacións na educación.
13.00 – 14.00h: Intelixencia executiva. Aplicacións prácticas no marco educativo.
Tarde
16.00 – 17.30h: Neuropsicoloxía das emocións: implicacións para a psicoloxía clínica e a educación.
17.30 – 18.15h: Neuropsicoloxía da cognición social.
18.15 – 18.45h: Momento de lecer.
18.45 – 20.00h: Implicacións da Cognición Social na educación, a súa avaliación e implicación nos trastornos do neurodesenvolvemento, sobre todo no TEA.
ETIQUETADO EN: NEUROPSICOLOXÍA , EDUCACIÓN , SAÚDE MENTAL , TDAH
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-