BUSCAR
II Xornadas Galaico Portuguesas de Reprodución Asistida
Venres 03 de Febreiro de 2017
Sábado 04 de Febreiro de 2017
Sede A Coruña
Os días 3 e 4 de febreiro de 2017 a Fundación Barrié acolle na súa sede da Coruña as II Xornadas Galaico Portuguesas de Reprodución Asistida organizadas polo HM Fertility Center da Maternidade Belén.
As Xornadas constitúen un punto de encontro entre os especialistas de Reprodución Asistida de Galicia e Portugal, por iso contaremos coa presenza e representación das unidades existentes, tanto públicas como privadas de ambos os lados da fronteira. Así mesmo contaremos con participantes das principais unidades do resto de España que mostraron o seu interese en participar e acudir á Coruña, convertíndonos nun magnifico punto de encontro para o resto do país.
Por parte de Portugal acudirán representantes da práctica totalidade dos centros de reprodución do país veciño e teremos tamén a honra de contar na xornada de inauguración coa presenza do Conselleiro de Sanidade da Xunta de Galicia D. Jesús Vázquez Almuíña e do Cónsul Honorario de Portugal D. Gerardo Gándara Moure na cidade, que puxo os servizos consulares a disposición dos nosos convidados portugueses.
Máis información: j.carpintero@grupo-process.com
ETIQUETADO EN: REPRODUCIÓN ASISTIDA , MATERNIDADE
PRÓXIMOS EVENTOS
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-  
-