BUSCAR
IV Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario
Xoves 04 de Maio de 2017
09:30-18:30
Sede Vigo
Aforo limitado
Require inscrición Enlace aquí
Venres 05 de Maio de 2017
10:00-14:00
Sede Vigo
A Fundación Barrié acolle, na súa sede de Vigo, as IV Xornadas de fundraising para a promoción do mecenado universitario organizadas pola Universidade de Vigo e o seu Consello Social. Nesta ocasión, as xornadas centraranse na análise das tendencias que posibilitan a introdución de instrumentos e canles innovadoras para o financiamento privado das universidades como son, por exemplo, as fórmulas de obra social, as doazóns e legados, ou o micromecenado cultural.
As universidades, no seu compromiso coa comunidade (a nivel local, nacional e internacional) ofrecen oportunidades singulares á filantropía para diferenciarse no financiamento específico de proxectos no contexto académico, con fins educativos, científicos e tamén creativos. Universidade é sinónimo de prácticas socialmente inclusivas. Nun afán constante por acadar o benestar xeral, as universidades aplican os principios de transparencia e legalidade en todas e cada unha das súas operacións económicas. Non obstante, a emerxencia de novos produtos e servizos para o mecenado en rede (ex.: o crowdfunding) propician que as universidades se doten de ferramentas innovadoras para a xestión eficiente de doazóns, legados e outros activos de natureza privada. Isto implica a promoción da marca pública universitaria e a participación directa do antigo alumnado na proxección social das universidades. O traballo conxunto de administradores, políticos e mecenas en proxectos de obra social universitaria pasa por unha reflexión previa sobre a influencia destas figuras na gobernanza interna da universidade. Que función ten o filántropo universitario? Como integralo nos consellos sociais? Durante día e medio, os participantes nestas xornadas coñecerán algúns casos de mecenado universitario internacional que van máis alá dos programas tradicionais de bolsas, legados, premios ou patrocinios. A filantropía actual está cambiando o modelo tradicional de universidade ao establecer un novo marco de relacións duradeiras entre académicos, axentes sociais e mecenas.
Obxectivos
- Coñecer as iniciativas que marcan as tendencias xerais de investimento privado nas universidades;
- Comparar modelos para a busca efectiva de mecenas potenciais en proxectos universitarios;
- Debater sobre a estrutura que permita nas universidades un financiamento privado e continuado de tipo estrutural;
- Identificar as canles que favorecen a xestión de proxectos tractores en I+D+i;
- Promover sinerxías para a xestión de programas de talento universitario que resulten sostibles.
Público ao que vai dirixido
- Administrador/a xeral
- Consello social
- Creador/a de tendencias
- Director/a de investigación
- Director/a de márketing
- Xerente/a
- Investidor/a
Xoves 4 de maio de 9.30 h a 18.30 h
Venres 5 de maio de 10.00 h a 14.00 h
Dispoñibles o programa e o formulario de inscrición aquí.
ETIQUETADO EN: MECENADO UNIVERSITARIO , FUNDRAISING
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-