BUSCAR
I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía
Xoves 24 de Novembro de 2016
10:00-18:30
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Require inscrición Enlace aquí
A I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía é un evento impulsado e organizado pola Fundación Barrié e conta coa colaboración de DAFNE (Donors and Foundations Networks in Europe), AEF (Asociación Española de Fundacións), EFC (Centro Europeo de Fundacións) e Dircom (Asociación de Directivos de Comunicación) e como partner tecnolóxico con Alto Data Analytics.
De forma extraordinaria, a I Xornada Internacional sobre Comunicación e Filantropía contará coa participación de tres colexios galegos que expoñerán as súas conclusións logo de ter traballado na aula, durante os meses previos ao evento, diferentes aspectos da filantropía. #FUNDACIÓNS NO FOCO DE FUTURAS XERACIÓNS.
O día anterior, e tamén no marco do seu 50 aniversario, a Fundación Barrié acolle a VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións (AEF), o evento do sector máis importante a nivel nacional. Previa inscrición, os asistentes á Xornada de Comunicación poderán asistir ao concerto na Catedral de Santiago de Compostela o 23 de novembro.
PROGRAMA (con tradución simultánea e lingua de signos)
10.00 h Benvida e introdución.
10.15 h – 11.15 h Mesa redonda – Intervencións e debate
DAFNE, UNHA VISION GLOBAL DE RETOS NO ÁMBITO DA COMUNICACIÓN AOS QUE SE ENFRONTAN AS FUNDACIÓNS EUROPEAS
María Cano, Responsable de Comunicación. Asociación Española de Fundaciones (AEF).
Anke Paetsch, Directora de Prensa e Comunicación. Bundesverband Deutscher Stiftungen e.V. (Asociación Alemá de Fundacións).
Beate Eckhardt, Directora da Swiss Foundations (Association of Swiss Grant-making Foundations).
Modera: Catherine Lennon. Directora de Comunicación, Centro Europeo de Fundacións.
#FUNDACIÓNS NO FOCO DE FUTURAS XERACIÓNS
Breve testemuño de estudantes de educación secundaria. *
11.15 h – 11.45 h Café
11.45 h – 12.45 h Conferencia
O PODER DO APALANCAMENTO: COMO A COMUNICACIÓN PODE MAGNIFICAR O SEU IMPACTO
Neill McG. Coleman. Vicepresidente Comunicación Global, The Rockefeller Foundation.
12.45 h – 13.45 h Mesa redonda – Intervencións e debate
VISIÓNS GLOBAIS PARA IMPACTAR LOCALMENTE
Jesús N. Arroyo González. Director Corporativo de Comunicación e Márketing, Fundación Bancaria "la Caixa"
Guillermo Nagore Ferrer. Director Identidade, Comunicación e Experiencia, Fundación March
Sebastián Cebrián, General Director Dircom.
Modera: Suzana Mihalic. Directora de Comunicación e Imaxe Corporativa, Fundación Barrié.
#FUNDACIÓNS NO FOCO DE FUTURAS XERACIÓNS
Breve testemuño de estudantes de educación secundaria. *
13.45 h – 15.00 h Xantar de networking
15.00 h – 16.00 h Mesa redonda – Intervencións e debate
FILANTROPÍA E OS MEDIOS
Charles Keidan, Editor Alliance Magazine.
Miguel Castro, Senior Officer Global Media Partnerships, Communications da Bill & Melinda Gates Foundation.
Sarah Murray, Colaboradora de Financial Times e Economist Group.
Modera: Gonzalo Fanjúl, investigador e activista contra a pobreza, director de políticas en ISGlobal e co-fundador da Fundación porCausa.
#FUNDACIÓNS NO FOCO DE FUTURAS XERACIÓNS
Breve testemuño de estudantes de educación secundaria. *
16.00 h. – 17.00 h. Workshop
CASO DE ESTUDO "DATA SCIENCE: COMUNICACIÓN E FILANTROPÍA NO NOVO MUNDO DIXITAL"
Institución: ONU - Agua
ONU-Agua é o mecanismo de coordinación entre organismos das Nacións Unidas para todas as cuestións relacionadas coa auga doce, incluíndo o saneamento.
Anna Nylander, Digital and Community Manager, ONU-Agua
Alejandro Romero, CEO, Alto Data Analytics.
O caso de estudo abrangue conceptos como a transparencia, comunicación de crises ou comunicación con audiencias xoves.
17.00 h. – 17.30 h. Café
17.30 h. - 18.30 h. WORKSHOP E PRESENTACIÓN DE CONCLUSIÓNS
O workshop, unha sesión práctica de traballo baseada no caso de estudo dunha campaña dixital real, foi deseñada polo equipo de Alto Data Analytics e será dirixida por Alejandro Romero, CEO, Alto Data Analytics.
#FUNDACIÓNS NO FOCO DE FUTURAS XERACIÓNS CÓMO COMUNICAR CON FUTURAS XERACIÓNS?
Todos somos conscientes que Xoves = Futuro e que a comunicación con futuras xeracións se fai cada vez máis complexa.
A Fundación Barrié convidou tres colexios para visitaren a sede da Fundación durante unha mañá e coñecer, polo miúdo, que é unha Fundación, en que traballa e cáles son os seus obxectivos. Os alumnos coñecerán o labor de todas as áreas de actuación (Educación, Acción Social, Ciencia e Patrimonio e Cultura). Visitarán toda a sede, incluída a planta de oficinas e a planta presidencial onde serán recibidos polo Presidente da Fundación. Con esta iniciativa queremos que os alumnos coñezan a Fundación desde dentro e de primeira man. A cada colexio asignarase un tema que traballarán na aula:
Tema 1
Como percibides a/s Fundación/s?
Tema 2
Que esperades das fundacións?
Tema 3
Como queredes que as fundacións se comuniquen convosco?
Ao longo da I Xornada Internacional de Comunicación e Filantropía, representantes de cada colexio presentarán as conclusións en formatos que elixirán eles mesmos (texto lido, vídeo, sketch, etc).
O obxectivo é dar voz aos xoves. Queremos que aprendan e aprender deles para garantirmos unha comunicación frutífera no futuro.
ETIQUETADO EN: COMUNICACIÓN , FUNDACIONES , TERCER SECTOR , FILANTROPÍA , MEDIOS DE COMUNICACIÓN
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-