BUSCAR
Xornada "Presentación do Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2016-2022"

Mércores 26 de Abril de 2017
10:00-14:00
Sede A Coruña
Aforo limitado
A Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa a xornada "Presentación do Plan de Residuos Industriais de Galicia (PRIGA) 2016-2022.
O PRIGA, aprobado polo Consello da Xunta o 22 de decembro de 2016 e dotado dun orzamento de 19 millóns de euros, establece a folla de ruta para a correcta xestión dos residuos industriais en Galicia.
Este Plan súmase ao Plan de xestión de residuos urbanos de Galicia e subsume o Programa de prevención de residuos industriais e o Programa de xestión de residuos de construción e demolición cuxa vixencia rematou no ano 2016. Deste xeito, a Xunta culmina o proceso planificador en materia de residuos dando efectivo cumprimento á Directiva marco de residuos.
Entre os 13 obxectivos estratéxicos que fixa o PRIGA destacan os seguintes: a redución en 2020 da xeración dos residuos industriais como mínimo nun 10% fronte aos valores de 2010; o fomento da I+D+i no campo da prevención; reducir os efectos a nivel de cambio climático; e tender ao establecemento dunha economía circular.
O obxectivo desta xornada polo tanto é dar a coñecer os detalles deste Plan e achegar os conceptos, principios e estratexias de cara a mellorar e acadar unha correcta xestión de residuos industriais nos próximos anos, sendo de especial interese para o sector produtor e xestor de residuos industriais de Galicia.
Programa
Rogelio Méndez, Responsable de Medio Ambiente PSA-Peugeot-Citröen.
11.45-12.15. Asociación Profesional de Empresas Medioambientais de Galicia (APROEMA).
Maruxa Pérez, Presidenta APROEMA.
Antonio Roncero, Director xeral UTE PMA-CONTECO I SOGARISA.
ETIQUETADO EN: PRIGA , PLAN DE RESIDUOS INDUSTRIAIS
PRÓXIMOS EVENTOS
GRAN FINAL DE LA IV LIGA MAKER DRONE
-
Xoves 22 de Maio de 2025
10:00-14:00 -
Coliseum de A Coruña
-
-