BUSCAR
Xornada: "Infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña"
Xornada: "Infraestrutura verde da área metropolitana da Coruña"
Venres 27 de Outubro de 2017
10:00-14:00
Sede A Coruña
Nesta xornada, organizada pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, presentaranse as liñas básicas do Sistema de Infraestrutura Verde da Área Metropolitana da Coruña no que está a traballar esta Consellería a través do Instituto de Estudos do Territorio en colaboración coa Escola Galega da Paisaxe da Fundación Juana de Vega, o Instituto Tecnolóxico de Galicia e a Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.
Dentro deste proxecto, a área metropolitana da Coruña será obxecto dunha ordenación integral do territorio desde o punto de vista ambiental, na que se definirá unha rede de zonas naturais e seminaturais deseñada e xestionada para protexer a biodiversidade e proporcionar servizos ecosistémicos: subministro e purificación da auga e do aire, almacenamento de carbono, adaptación ao cambio climático, amortiguación de ruído, ocio e turismo, educación ambiental...
A xornada será inaugurada pola Conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e contará cos relatorios de Luís Orive, director do Centro de Estudios Ambientales e impulsor da infraestrutura verde de Vitoria e de Pedro Calaza Martínez, decano do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia.
Información e inscricións: secretaria.iet@xunta.gal - 981 541 755/541 756
PROGRAMA
10.00 h. Recepción de asistentes
10.30 h. Inauguración
Isabel Aguirre de Úrcola
ETIQUETADO EN: XORNADA , INFRAESTRUTURA VERDE , ÁREA METROPOLITANA A CORUÑA , ORDENACIÓN TERRITORIAL
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-