BUSCAR
Xornada: "Enerxía e Desenvolvemento Sostible" da Cátedra Gas Natural Fenosa
Xornada: "Enerxía e Desenvolvemento Sostible" da Cátedra Gas Natural Fenosa
Venres 03 de Novembro de 2017
10:00-14:00
Sede Vigo
Nesta xornada, organizada pola Cátedra Gas Natural Fenosa da Universidade de Vigo, exporanse as investigacións que na actualidade se están a realizar no marco dela, desde a economía a cuestións relacionadas co cambio climático.
O evento contará cunha presentación principal por parte do Dr. Alberto Troccoli, director do World Energy & Meteorology Council, quen falará sobre o sector enerxético global nun contexto de cambio climático e a súa sensibilidade a eventos meteorolóxicos.
Por último, celebrarase unha mesa de debate, aberta ás preguntas e intervencións do público e moderada por un xornalista coa participación de Antonio Canoyra, director de mercado ibérico de electricidade de Gas Natural Fenosa, Xavier Labandeira, catedrático de Economía da Universidade de Vigo e codirector da catedra e de María José Caride, concelleira de urbanismo de Vigo.
ETIQUETADO EN: XORNADA , CÁTEDRA GAS NATURAL FENOSA , UNIVERSIDADE DE VIGO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-