VI Conferencia Xeral AEF

05/12/2016

A Fundación Barrié celebra o seu 50 aniversario acollendo a VI Conferencia Xeral da Asociación Española de Fundacións (AEF) o 23 de novembro de 2016. Co apoio da Fundación Barrié, a AEF prepara un día de encontro e reflexión para todas as fundacións. A conferencia principal impartiuna Bradford K. Smith, presidente de The Foundation Center (EE.UU).
 
No transcorrer da Conferencia Xeral os directivos das fundacións estableceron, fortaleceron e ampliaron relacións persoais e institucionais; intercambiaron experiencias; e exploraron posibilidades de colaboración. Tamén, as fundacións aproveitaron a oportunidade, coa súa presenza e participación, para trasladar á sociedade española un testemuño expresivo do amplo e intenso labor en actividades de interese xeral que, como sector, están a levar a cabo.