Verán Fotográfico
Verán Fotográfico
A Fundación Barrié presenta Verán Fotográfico, un programa didáctico de balde no que nenos e maiores poderán participar durante os meses estivais en campamentos semanais, obradoiros e visitas guiadas abertas a grupos e ao público en xeral, arredor das exposicións A morada do home. Fotografías da colección de Martin Z. Margulies, na Coruña, e Ricard Terré, Obras Mestras, na sede de Vigo.
Ambas exposicións son unha excelente ferramenta para aproximarse ao ser humano, ao mundo e a relación entre ambos, promovendo a ollada activa, crítica e reflexiva. Ademais, permiten coñecer as técnicas empregadas polos fotógrafos para transmitiren as súas mensaxes, abordar a relación entre as distintas linguaxes artísticas e gozar dun tempo de lecer educativo e creativo.
Verán Fotográfico organiza distintas actividades para desfrutar durante os meses estivais. Durante os meses de xullo, agosto e setembro realízanse campamentos semanais, tanto na sede da Coruña como en Vigo, para nenos de entre 6 e 13 anos, así como obradoiros didácticos diarios para estes. Ademais, hai obradoiros didácticos para familias con nenos durante as fins de semana de xuño e os mércores de xullo, agosto e setembro e visitas guiadas para grupos de adultos e público en xeral durante os mércores de xullo, agosto e setembro.
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar