Verán de Deseño

Verán de Deseño

A Fundación Barrié presenta Verán de Deseño, un programa didáctico de balde no cal nenos e maiores poderán participar durante os meses estivais en campamentos semanais, obradoiros e visitas guiadas abertas a grupos e ao público en xeral, arredor da exposición Type in Motion, que mostra unha escolma de vídeos musicais, filmes publicitarios, curtametraxes, trailers, taboleiros de anuncios electrónicos e fachadas mediais, postais dixitais e logotipos de todo o planeta. A exposición introdúcenos no mundo do texto en movemento, e descúbrenos as tendencias máis destacadas neste ámbito.

A dixitalización da vida cotiá creou unha situación na que hoxe en día vemos por todas partes palabras, frases e mesmo textos completos en movemento, sexa na pantalla do ordenador, na televisión ou nas fachadas dos edificios. Os deseñadores utilizan todo o seu enxeño para utilizaren fontes tipográficas dinámicas nunha gran variedade de dispositivos. Desta maneira amplían e modifican as distintas maneiras que temos de “ler o mundo”. Reaccionamos con maior atención, obtemos unha enorme cantidade de información, moita da cal se actualiza constantemente, dunha superficie de pequenas dimensións, ou entretémonos dun xeito sorprendente. O ritmo de ditos textos a miúdo se sincroniza con música ou sons que percibimos simultaneamente.

CONTIDOS RELACIONADOS