Feira científica UDCiencia

Programa

Datas: dende o 25 ata o 29 de marzo de 2019, ambos inclusive
Horario: entre as 09.30h e as 14.00h.
Lugar de celebración: Fundación Barrié, sede A Coruña (Rúa Cantón Grande, 9)

 

–––– RUTA A––––

Enredando con las matemáticas

Exploraremos conceptos e propiedades matemáticas das curvas, superficies e rexións a partir de material interactivo e manipulable. Buscaremos o escorregadoiro máis rápido, aprenderemos topoloxía facendo letras con plastilina, e descubriremos superficies con curvaturas feitas a base de rectas.

Torre de densidad

Explicaremos o concepto de densidade dunha forma intuitiva, visual e divertida. Realizaremos un arco da vella en forma de columna grazas ás diferenzas de densidade entre distintos líquidos. Tamén observaremos os cambios que sofren os alimentos na súa estrutura molecular creando esferificacións con alxinato, tal e como se fai na cociña molecular.

¿Cómo se distribuye el agua?

Nestes experimentos trataremos unha das necesidades máis importantes da sociedade: o consumo da auga. Entenderemos todas as súas fases e o seu consumo sostible, e exploraremos varios fenómenos da enxeñaría hidráulica. Preparádevos para vos mollar!

El ojo humano: ¿ cómo vemos?

Como funciona o ollo humano? Como é a súa anatomía? Que tipos de células son as responsables da visión? Onde tes o teu punto cego?

Microbiología cotidiana: antibióticos

As bacterias fanse resistentes aos antibióticos: como e por que o fan? Como, cando e para que debemos utilizar os antibióticos? Responderemos a estas preguntas explicando os modos que teñen as bacterias para produciren infeccións.

Plantas a la caza

As plantas carnívoras son unhas "tramposas" e teñen distintas estratexias para comeren insectos. Imos coñecer as súas trampas e observar o proceso de "caza" en varias especies.

 

–––– RUTA B––––

Jugando con la química

Cueiros, cunchas mariñas, remuíños de cores, levitación… hai química en todo isto? Imos realizar varios experimentos para explicarmos diferentes reaccións químicas.

Caminando sobre el agua

Aprenderemos por que a superficie dos líquidos se comporta de forma diferente que o seu interior; veremos bichos e "bichoclips" que camiñan sobre da auga. Preguntácheste algunha vez por que os deterxentes lavan. A Física dará resposta a estas preguntas.

¿De qué está hecha la vida?

Que son as biomoléculas? Onde se encontran? Cantas hai? Ímoschas amosar e explicar a través de experimentos sinxelos e divertidos de bioquímica e bioloxía molecular.

Mar de plástico

Que son os microplásticos? Como se forman? Alcanzan as cadeas tróficas? Cales son as consecuencias dos microplásticos na saúde do planeta? Existen alternativas para reducir a súa formación?

El tren sabe su camino

Nesta actividade aprenderemos como funcionan as rodas do tren e como manteñen a súa traxectoria. Podes pensar que xa o sabes... pois trabúcaste!. Descubriremos toda a enxeñaría que hai tras del.

La selva del mar

Adentrarémonos na tecnoloxía dos alimentos a través das algas. De que se compoñen?. Teñen todas clorofila a pesar das súas cores? Consúmelas de xeito habitual?