BUSCAR
Taller Rede Paraugas Alzheimer: "Coñecer mellor a enfermidade de Alzheimer"
Luns 09 de Outubro de 2017
Sede A Coruña
Require inscrición Enlace aquí
Actividade dirixida a estudantes de centros educativos galegos que ten como obxectivo que o alumnado coñeza mellor a enfermidade de Alzheimer e que consecuencias ten no núcleo familiar, así como o traballo que realizan os profesionais coas persoas que sofren algunha demencia e os seus familiares.
Esta actividade está integrada por unha charla divulgativa que terá lugar na sede da Fundación Barrié de A Coruña, e que será impartida polo doutor Carlos Spuch, especialista en demencias do sector sociosanitario, quen explicará, dunha maneira próxima e dinámica, que son as demencias, que parte do cerebro se ve afectada, por que se producen, que tipos de demencias existen e cuales son as diferenzas entre elas.
Esta charla complementarase cunha visita dun profesional da Asociación de Familiares e outras Demencias a cada centro educativo que participou na charla, co fin de explicar aos mozos e mozas o traballo que realiza cada profesional e as tarefas que se desenvolven nestas entidades e como afecta a demencia á persoa, á familia e á sociedad na que se relaciona.
Nunha última fase, varios alumnos dos institutos participantes trasladaranse á Asociación de Familiares de Persoas con Alzhéimer e outras demencias para coñecer de primeira man as actividades que alí se desenvolven. Os alumnos seleccionados para a realización da visita ao centro explicarán ao resto dos seus compañeiros de que forma se leva á práctica a teoría presentada polos profesionais nas sesións anteriores.
Esta actividade enmárcase no Programa Rede Paraugas Alzheimer, da Fundación Barrié e a Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL).
Previa inscrición enviando correo electrónico a: fagal@fagal.org
ETIQUETADO EN: REDE PARAUGAS ALZHEIMER , ACTIVIDADES ESCOLARES , TALLERES SOBRE ALZHÉIMER A CORUÑA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-