Quorum Quenching

Este proxecto, financiado pola Fundación Barrié e liderado pola Profesora Ana María Otero da Universidade de Santiago de Compostela, permitiu, mediante a realización de ensaios en laboratorio e de probas de campo, validar un mecanismo alternativo aos antibióticos para o tratamento de infeccións, a través da degradación dos sinais de comunicación das bacterias, denominadas quorumsensing, reducindo desta maneira a virulencia dos seus ataques e polo tanto facendo que sexa moito máis doado para o sistema inmune destruílas.
 
O produto final obtido é un aditivo alimenticio que se inclúe nos pensos dos animais e que prevén a aparición de enfermidades de tipo infeccioso que supoñen unha forte perda económica para o sector da acuicultura e a gandaría. A tecnoloxía está patentada nos principais mercados da saúde animal, EE.UU, Europa, China, entre outros e na actualidade mantemos conversas con multinacionais do sector interesadas na súa explotación comercial.