A ciencia e os superheroes

A ciencia e os superheroes

Espectáculo científico do ciclo Á luz da ciencia que recolle un conxunto de experiencias relacionadas coa ciencia para alumnado de 3º e 4º de ESO e BACHARELATO.

O mundo do cómic está cheo de personaxes con poderes extraordinarios. Onde remata a ciencia e comeza a ficción? Pode Supermán ter visión de raios X ou Tor provocar un terremoto cunha martelada? Tralo visionado de fragmentos de filmes afrontaremos unha análise crítica dos seus contidos, valorando dun xeito crítico estes.

De forma complementaria ás explicacións levaremos a cabo diversas experiencias que nos permitan coñecer aspectos sorprendentes. Veremos vaixelas elaboradas con uranio nos anos 30 brillar baixo luz UV ou detectaremos mediante un sinxelo test químico a presenza de mutantes entre o público.

Datas:
Sede de Vigo: 11 de Outubro de 2016

Co obxectivo de facilitar a comprensión das explicacións e un mellor aproveitamento da actividade, recomendámoslle que antes de asistir ao espectáculo realice a unidade didáctica na aula cos alumnos.

É imprescindible asistir á actividade co formulario de autorización de imaxe asinado polos pais/titores.

CONTIDOS RELACIONADOS