Arpexos de ciencia

Arpexos de ciencia

Espectáculo científico do ciclo Á luz da ciencia que recolle un conxunto de experiencias relacionadas coa ciencia para alumnado de 3º e 4º de ESO e BACHARELATO.

Canta ciencia agóchase trala música? Que son as notas? Somos un ánima musical? Poden suxestionarnos con música?

A charla Arpexos de Ciencia ofrece unha aproximación á música desde unha perspectiva interdisciplinar, abordando desde aspectos físicos sobre ondas ata aspectos neuronais relativos aos efectos da música sobre a nosa mente.

Datas:
Sede de Vigo: 8 de Novembro de 2016

Co obxectivo de facilitar a comprensión das explicacións e un mellor aproveitamento da actividade recomendámolles que antes de asistir ao espectáculo realice a unidade didáctica na aula cos alumnos.

É imprescindible asistir á actividade co formulario de autorización de imaxe asinado polos pais/titores.

CONTIDOS RELACIONADOS