BUSCAR
Acto de entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2017
Sábado 06 de Maio de 2017
19:00
Sede Vigo
Ata completar aforo
Aberto ao público
A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo o acto de entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2017 para autores e autoras menores de 35 anos, organizado pola Editorial Galaxia co obxectivo de estimular a creación literaria.
Fixéronse 60 anos desde que a Editorial Galaxia botou a andar a colección Illa Nova. Era 1957 e pretendían dar continuidade ao proxecto da editora a través das novas xeracións, sempre con vontade de renovación. Xohana Torres, Méndez Ferrín, Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns dos novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega".
Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está a comezar no terreo da creación literaria, naceu o Premio Illa Nova de Narrativa.
ETIQUETADO EN: NARRATIVA GALEGA , PREMIO ILLA NOVA , CONCURSO LITERARIO , PREMIO NARRATIVA
PRÓXIMOS EVENTOS
TORNEO ESCOLAR DE ORATORIA (TEO)
DEBATE ACADÉMICO TDAG
DEBATE ACADÉMICO TDAG
TORNEO ESCOLAR DE ORATORIA (TEO)
-
Luns 15 de Febreiro de 2027
Venres 26 de Febreiro de 2027
-
Luns 05 de Abril de 2027
Venres 09 de Abril de 2027
-
Xoves 15 de Abril de 2027
-
Venres 07 de Maio de 2027
-
-
-
-
-
-
-
-

Pechar