BUSCAR
Acto de entrega do Premio Illa Nova de Narrativa 2018
Sábado 14 de Abril de 2018
19:00-21:00
Sede Vigo
Ata completar aforo
Aberto ao público
A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo o acto de entrega da 2ª edición do Premio Illa Nova de Narrativa 2018 para autores e autoras menores de 35 anos, organizado pola Editorial Galaxia co obxectivo de estimular a creación literaria.
O Premio Illa Nova de Narrativa nace 60 anos despois de que o fixese a colección Illa Nova. Era 1957 e a directiva de Galaxia onde estaban Otero Pedrayo, Francisco Fernández del Riego, Xaime Isla Couto, Domingo García Sabell, entre outros, deciden estimular á nova xeración de escritores e escritoras. Xohana Torres, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Luís Franco Grande, Bernardino Graña, Camilo Gonsar, María Xosé Queizán ou Carlos Casares foron algúns deses novos valores que publicaron na colección onde saíron algunhas das principais obras do que se deu en chamar "Nova Narrativa Galega". Con esta mesma finalidade de abrir un camiño a quen está comezando no mundo da creación literaria, nace o Premio Illa Nova de Narrativa. A Editorial Galaxia convoca a segunda edición do Premio Illa Nova de Narrativa coa mesma vontade de renovación.
ETIQUETADO EN: NARRATIVA GALEGA , PREMIO ILLA NOVA , CONCURSO LITERARIO , PREMIO NARRATIVA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-