BUSCAR
Conferencia: "Ecce Homo (Velaquí o home): a presenza humana"
Ecce Homo, 1547. Tiziano Vecellio Di Gregorio (Detalle)
Museo Nacional do Prado
Xoves 21 de Novembro de 2019
20:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
Director, The Wallace Collection, Londres
Título: Ecce Homo (Velaquí o home): a presenza humana
Ciclo de conferencias Francisco Calvo Serraller Fundación Amigos do Museo do Prado 2019: Porque me viches, criches. O Novo Testamento na arte, organizado pola Fundación Barrié e a Fundación Amigos do Museo do Prado.
En 1999 encargouse ao artista contemporáneo británico Mark Wallinger unha escultura para o cuarto pedestal de Trafalgar Square en Londres. Co gallo do dous mil aniversario do nacemento de Cristo, Wallinger concibiu Ecce homo, unha figura masculina de tamaño real que posa como Cristo coas mans atadas ás costas e unha coroa de arame de espiñeiro sobre a cabeza. Cos seus trazos individualizados, convidábase ao espectador a pensar que se trataba dun home normal, lembrándonos así que, cando Cristo foi presentado por Poncio Pilato aos xudeus para que decidisen o seu destino, era un home normal, un líder político dun pobo oprimido. Nesta conferencia gustaríame explorar a maneira en que os artistas representaron este momento crucial da vida de Cristo, no cal se debatía a súa condición mortal fronte á divina. Este emotivo momento inspirou a creación dunha gran variedade de imaxes por parte de pintores e escultores, que comezou 430 anos despois do pasamento de Cristo cun excepcional relevo de marfil e que culmina coas interpretacións maxistrais de artistas como Rembrandt, Rubens, Velázquez, Gregorio Fernández ou Pedro de Mena no século XVII e con Wallinger no século XXI. A historia de Cristo –arrestado, torturado e asasinado por expresar pacificamente as súas opinións e desafiar as autoridades– aínda ecoa no mundo actual.
ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS , MUSEO DO PRADO , XAVIER BRAY , ECCE HOMO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-