BUSCAR
Os instrumentos do Pórtico da Gloria
22/05/2020
A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
Esta unidade didáctica trata sobre a música na Idade Media, a Catedral de Santiago de Compostela, a reconstrución dos instrumentos e os instrumentos do Pórtico da Gloria para o primeiro ciclo de Secundaria.