BUSCAR
Os instrumentos do Pórtico da Gloria: a música na Idade Media II
22/05/2020
A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
Esta unidade didáctica trata sobre os instrumentos musicais. Na Idade Media non existían as orquestras como as coñecemos hoxe en día. Tampouco as grandes familias de instrumentos que a compoñen. Nesta época, os instrumentos musicais que se tocaban xa existían dende a antigüidade, e non houbo moitas novidades, xa que a música máis importante era a cantada.