Inicio / Didáctica / O Pórtico da Gloria

Didáctica


BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
DATA

O Pórtico da Gloria: as súas columnas (I)

22/05/2020

A Fundación Barrié, promotora do proxecto de restauración do Pórtico da Gloria, pon a disposición do público unha serie de unidades didácticas que teñen como obxectivo ampliar o coñecemento sobre as diferentes facetas do monumento. Estas unidades didácticas non só van dirixidas á comunidade educativa, mais tamén ao ámbito familiar, achegando o Pórtico da Gloria ao público de todas as idades.
 
Esta unidade didáctica trata sobre as diferentes columnas do Pórtico. Ademais de ser os elementos de sustentación do conxunto, concíbense como un elemento decorativo máis, de maneira especial os seus capiteis. Dende a óptica xeométrica, as columnas en toda a súa extensión, dende a base até o capitel, son quizais as pezas da obra nas cales de inmediato se advirte unha maior presenza de matemáticas a través dos distintos obxectos xeométricos elementais que as caracterizan: cilindros, prismas e troncos de cono ou de pirámide, entre outros, mestúranse de xeito sucesivo na composición daquelas.

Accede á Unidade Didáctica


ETIQUETADO EN: