Política de Protección de Datos

Política de Protección de Datos Persoais da Fundación Pedro Barrié de la Maza

En cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos, Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello de 27 de abril de 2016 (GDPR), Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDCP, 15/99), Regulamento de Desenvolvemento da LOPDCP (Real Decreto, 1720/2007, de 21 de decembro), informámolo/a da Política de Protección de Datos Persoais, no que se refire ao tratamento dos datos persoais, e que se detalla a continuación.



Responsable do tratamento dos datos persoais

O responsable do tratamento é a persoa xurídica que determina os fins e medios do tratamento de datos persoais. Noutras palabras, o responsable decide como e con que finalidades se tratan os datos persoais.

Para os efectos da presente Política de Protección de Datos, o responsable do tratamento dos datos persoais é:

-Razón social: Fundación Pedro Barrié de la Maza.

-NIF: G-15.027.972

-Domicilio social: Cantón Grande, número 9, 15003 A Coruña.

-Correo electrónico: info@fbarrie.org

-Teléfono: 981 22 15 25

-Actividade: Fundación dedicada ao desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia.



Que datos persoais tratamos e como os protexemos?

Un dato persoal é toda información sobre unha persoa física identificada ou identificable.

Para as finalidades establecidas nesta Política de Privacidade, o responsable recolle e trata os datos persoais que se explican en cada tipo de tratamento, e que dependerán dos diferentes servizos que solicite ou a relación contractual que manteña coa nosa entidade.

A nosa organización comprométese a tratar con total confidencialidade e a aplicar as medidas de seguridade adecuadas, de tipo físico, técnico e organizativo, para a protección dos seus datos persoais.

Vostede garante e responde, en calquera caso, da veracidade, exactitude, vixencia e autenticidade dos datos persoais proporcionados e comprométese a mantelos debidamente actualizados.



Tratamento de datos de “Clientes”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: nome, DNI, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico.

-Datos relativos a transaccións: produtos e servizos subministrados.

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión dos datos dos clientes da Fundación, para manter a relación comercial, a xestión contable, administrativa e de facturación, así como as obrigas fiscais.

Tamén se preveu a finalidade de publicidade e prospección comercial, para a cal se solicita o consentimento expreso do interesado.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes poderán conservarse nas nosas bases de datos durante os prazos previstos pola lexislación para poder cumprir coas obrigas fiscais e contables, e serán eliminados unha vez prescriban ditos prazos legais ou aqueles que sexan de aplicación.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos? A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contrato, así como o cumprimento dunha obriga legal do responsable.

A comunicación de ofertas e promocións que poderían ser do seu interese está baseada no consentimento expreso que se lle solicita.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade, agás as que sexan necesarias a organismos públicos por obriga legal.

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Contactos e potenciais clientes”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: nome, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico.

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite no formulario de contacto para a xestión de datos de contactos comerciais e de potenciais clientes.

Tamén se preveu a finalidade de publicidade e prospección comercial, para a cal se solicita o consentimento expreso do interesado.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación de contacto. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de contactos.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade.

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Provedores”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: nome, DNI, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico.

-Datos financeiros: conta bancaria.

-Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, titulacións.

-Datos relativos a transaccións: produtos e servizos entregados.

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite xestión dos datos dos provedores da Fundación, para manter a relación comercial, a xestión contable, administrativa e de pagos, así como as obrigas fiscais.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación comercial. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes poderán conservarse nas nosas bases de datos durante os prazos previstos pola lexislación para poder cumprir coas obrigas fiscais e contables, e serán eliminados unha vez prescriban ditos prazos legais ou aqueles que sexan de aplicación.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é a execución dun contrato, así como o cumprimento dunha obriga legal do responsable.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade, agás as que sexan necesarias a organismos públicos por obriga legal.

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Empregados”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: nome, DNI, data nacemento, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico, sinatura, imaxe.

-Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento e datos familiares.

-Datos de circunstancias sociais: licencias e permisos.

-Datos económico-financeiros: conta bancaria, datos de nómina, deducións impositivas, outras retencións (no seu caso).

-Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, experiencia, titulacións. -Datos de control de presenza.

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión da relación laboral, a xestión de nóminas, a xestión administrativa e de pagamentos, o cumprimento das obrigas fiscais e laborais da Fundación, control de accesos, a xestión da formación e do desenvolvemento profesional, e a prevención de riscos laborais.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación laboral. Se unha vez terminada a relación laboral vostede decide cancelar os seus datos persoais, estes conservaranse ata que non prescriban os prazos legais definidos pola normativa contable, fiscal e laboral, e unha vez transcorrido ditos prazos os seus datos serán eliminados do noso sistema.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dun contrato laboral, así como o cumprimento dunha obriga legal do responsable.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Realízanse as cesións que sexan necesarias a organismos públicos por obriga legal: Axencia Tributaria, Seguridade Social, Mutua, etc.

Tamén se realizan cesións de datos para fins lexítimos relacionados coa actividade da Fundación:

-Será necesario comunicar os datos bancarios (NIF, nome e apelidos e número de conta) ás entidades financeiras encargadas de intervir na operativa do pagamento das nóminas.

Non se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Candidatos de emprego”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: nome, DNI, data nacemento, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico, imaxe.

-Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento.

-Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, experiencia, titulacións. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión dos procesos de selección da Fundación.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres o interesado non retire o consentimento para poder seguir gardando o seu curriculum vitae para futuros procesos de selección. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de candidatos de emprego.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van realizar cesións.

Non se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Beneficiarios de axudas”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: nome, apelidos, DNI, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico.

-Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento.

-Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, titulacións.

-Datos económicos: número de conta. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Os datos persoais facilitados vanse utilizar para a xestión dos programas de axudas e beneficiarios das actividades da Fundación.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación como beneficiario. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes conservaranse ata que non prescriban os prazos legais definidos pola normativa contable, fiscal e laboral, e unha vez transcorrido ditos prazos os seus datos serán eliminados do noso sistema.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita, así como o cumprimento dun contrato.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade.

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Asistentes a eventos”

1. Que tipo de datos persoais tratamos? 

-Datos identificativos: nome, apelidos, teléfono, dirección de correo electrónico. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Os datos persoais facilitados vanse utilizar para o rexistro dos asistentes dos eventos organizados pola Fundación.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres o interesado non retire o consentimento para poder seguir gardando os seus datos persoais. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de asistentes a eventos.

3. Cal á a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade.

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Usuarios da Biblioteca”

1. Que tipo de datos persoais tratamos? 

-Datos identificativos: nome, apelidos, teléfono, dirección de correo electrónico. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Os datos persoais facilitados vanse utilizar para o rexistro dos usuarios da biblioteca da Fundación e a xestión interna deste servizo (préstamos de libros, contactos informativos, etc.).

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres o interesado non retire o consentimento para poder seguir gardando os seus datos persoais. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos de usuarios da biblioteca.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita, así como o cumprimento dunha relación contractual.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade.

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Membros da asociación de Antigos Bolseiros”

1. Que tipo de datos persoais tratamos? 

-Datos identificativos: nome, DNI, data de nacemento, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico, imaxe.

-Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento.

-Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, experiencia, titulacións. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión da asociación de Antigos Bolseiros e o mantemento do contacto con fins informativos.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres o interesado non retire o consentimento. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o consentimento expreso que se lle solicita.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van realizar cesións.

Non se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Membros do padroado”

1. Que tipo de datos persoais tratamos? 

-Datos identificativos: nome, DNI, data de nacemento, dirección, teléfono, dirección de correo electrónico.

-Datos de características persoais: Sexo, estado civil, nacionalidade, idade, data e lugar de nacemento e datos familiares.

-Datos económico-financeiros: conta bancaria.

-Datos académicos e profesionais: profesión, cargo, experiencia, titulacións. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais que nos facilite para a xestión da relación como membro do Padroado da Fundación, así como o cumprimento das obrigas legais da Fundación.

Os datos persoais proporcionados conservaranse mentres se manteña a relación como membro do Padroado. Se unha vez terminada a relación vostede decide cancelar os seus datos persoais, estes conservaranse ata que non prescriban os prazos legais definidos pola normativa contable e fiscal, e unha vez transcorridos ditos prazos os seus datos serán eliminados do noso sistema.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é o cumprimento dun contrato, así como o cumprimento dunha obriga legal do responsable.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade, agás as que sexan necesarias a organismos públicos por obriga legal.

Non se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Videovixilancia”

1. Que tipo de datos persoais tratamos?

-Datos identificativos: imaxe.

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais para a gravación de imaxes de videovixilancia nas instalacións da Fundación por motivos de seguridade.

Os datos persoais conservaranse durante os prazos legais previstos (un mes).

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade, agás as que sexan necesarias aos Corpos e Forzas de Seguridade por obriga legal.  

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Tratamento de datos de “Control de Visitas”

1. Que tipo de datos persoais tratamos? 

-Datos identificativos: nome, apelidos, DNI. 

2. Con que finalidade tratamos os seus datos persoais?

Tratamos os datos persoais para o control de visitas e accesos ás instalacións da Fundación por motivos de seguridade.

Os datos persoais conservaranse mentres o interesado non solicite a cancelación. Se decide cancelar os seus datos persoais, estes serán eliminados da nosa base de datos.

3. Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?

A base legal para o tratamento dos seus datos é a satisfacción de intereses lexítimos perseguidos polo responsable do tratamento.

4. A que destinatarios se comunicarán os seus datos?

Non se van ceder os seus datos persoais a ningunha entidade, agás as que sexan necesarias aos Corpos e Forzas de Seguridade por obriga legal.  

Tampouco se previron transferencias internacionais de datos persoais.



Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?

De acordo coa normativa aplicable en materia de protección de datos, Vostede ten unha serie de dereitos en relación co tratamento dos seus datos persoais. O exercicio destes dereitos será gratuíto para vostede, agás nos casos en que se formulen solicitudes manifestamente infundadas ou excesivas, especialmente por repetitivas.

Estes dereitos son os seguintes:

1. Dereito de información: Vostede ten dereito a ser informado de maneira concisa, transparente, intelixible e de fácil acceso, cunha linguaxe clara e sinxela, sobre a utilización e tratamento dos seus datos persoais.

2. Dereito de acceso: Vostede ten dereito a solicitarnos en calquera momento que lle confirmemos se estamos tratando os seus datos persoais, a que lle facilitemos acceso a eles e á información sobre o seu tratamento e a obter unha copia de ditos datos. A copia dos seus datos persoais que lle facilitemos será de balde se ben a solicitude de copias adicionais poderá estar suxeita á cobranza dunha cantidade razoable baseada nos custos administrativos. Pola nosa parte, poderemos pedirlle que acredite a súa identidade ou requirirlle máis información que sexa necesaria para xestionar a súa solicitude.

3. Dereito de rectificación: Vostede ten dereito a solicitar a rectificación dos datos persoais inexactos, non actualizados ou incompletos que lle concirnan. Tamén poderá solicitar que se completen os datos persoais que sexan incompletos, inclusive mediante unha declaración adicional.

4. Dereito de supresión: Vostede ten dereito a solicitar a supresión dos seus datos persoais cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins para os que fosen recollidos. Non obstante, este dereito non é absoluto, de maneira que a nosa organización poderá seguir manténdoos debidamente bloqueados nos supostos previstos pola normativa aplicable.

5. Dereito a limitar o tratamento: Vostede ten dereito a solicitar que limitemos o tratamento dos seus datos persoais o que significa que poderemos seguir almacenándoos, pero non seguir tratándoos se se cumpre algunha das seguintes condicións:

-que Vostede impugne a exactitude dos datos, durante un prazo que permita ao responsable verificar a exactitude destes;

-que o tratamento sexa ilícito e Vostede se opoña á supresión dos datos e solicite no seu lugar a limitación do seu uso;

-que a nosa entidade xa non necesite os datos para os fins do tratamento, pero Vostede os necesite para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións;

-que Vostede se opuxo ao tratamento, mentres se verifica se os motivos lexítimos da nosa entidade prevalecen sobre os seus.

6. Dereito á portabilidade dos datos: Vostede ten dereito a que os seus datos sexan transmitidos a outro responsable do tratamento nun formato estruturado, de uso común e lectura mecánica. Este dereito aplícase cando o tratamento dos seus datos persoais estea baseado no consentimento ou na execución dun contrato e dito tratamento se efectúe por medios automatizados.

7. Dereito de oposición: Este dereito permítelle oporse ao tratamento dos seus datos persoais, incluída a elaboración de perfís. Non poderemos atender ao seu dereito unicamente cando tratemos os seus datos no caso de que acreditemos motivos lexítimos para o tratamento ou para a formulación, o exercicio ou a defensa de reclamacións.

8. Dereito a non someterse a decisións automatizadas, incluídos perfís. Este dereito permítelle non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente no tratamento automatizado, incluída a elaboración de perfís, que produzan -ditas decisións- efectos xurídicos ou lle afecten de modo similar. Salvo que dita decisión sexa necesaria para a celebración ou execución dun contrato, estea autorizada por unha lei ou se basee no consentimento.

9. Dereito a retirar o consentimento: Nos casos en que obtivésemos o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais en relación con determinadas actividades (por exemplo, co fin de enviarlle comunicacións comerciais), poderá retiralo en calquera momento. Desta forma, deixaremos de realizar esa actividade concreta para a que consentira previamente, agás que exista outra razón que xustifique a continuidade do tratamento dos seus datos con estes fins, en cuxo caso lle notificaremos dita situación.

10. Dereito a presentar unha reclamación ante unha autoridade de control: Vostede ten dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, C/ Jorge Juan, 6, 28001 Madrid, 901 100 099 - 912 663 517 (www.agpd.es), ou na dirección electrónica:

https://sedeagpd.gob.es/sede-electronica-web/vistas/formQuejasSugerencias/seleccionarQuejaSugerencia.jsf

Poderá exercitar os dereitos antes indicados enviándonos unha comunicación ao noso Departamento de Atención ao cliente, ou mediante un correo electrónico a info@fbarrie.org, acompañando un documento acreditativo da súa identidade e proporcionando os detalles necesarios para procesar a súa solicitude.

Os interesados poden obter información adicional sobre os seus dereitos na páxina web da Axencia Española de Protección de Datos, www.agpd.es.