BUSCAR
Feira de Proxectos 2017. Programa Piteas
Venres 09 de Xuño de 2017
16:00-20:00
Edificio CINC, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
Aforo limitado
Aberto ao público
Feira de Proxectos 2017, enmarcada dentro de Piteas, Programa de formación e mentoring para o desenvolvemento do talento, organizada pola Fundación Barrié, a Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela.
Boas Prácticas Educación Primaria
CEIP Ben-Cho-Shey (Ourense)
CEIP Carballal (Marín)
CPR Eduardo Pondal (Cangas)
CPR La Inmaculada (Santiago de Compostela)
Auditorio II
Boas Prácticas Educación Secundaria
IES Arcebispo Xelmírez II (Santiago de Compostela)
CPR A Grande Obra de Atocha (A Coruña)
IES A Xunqueira II (Pontevedra)
CEE de Panxón (Nigrán)
18:00 a 18:30 h. Sesión 1: A maxia da Ciencia
18:30 a 19:00 h. Sesión 2: A maxia da Ciencia
19:00 a 19:30 h. Sesión 3: A maxia da Ciencia
19:30 a 20:00 h. Sesión 4: A maxia da Ciencia
Espazo Oratoria
18:00 a 18:30 h. Quenda 1. Comunica-T Oratoria
18:30 a 19:00 h. Quenda 2. Comunica-T Debate
19:00 a 19:30 h. Quenda 3. Comunica-T Oratoria
19:30 a 20:00 h. Quenda 2. Comunica-T Debate
Que é o Programa Piteas?
Piteas é un programa promovido pola Fundación Barrié en colaboración coa Xunta de Galicia e coa participación da Universidade de Santiago de Compostela a través da Unidade de Altas Capacidades.
O seu propósito principal é a mellora da calidade educativa. É un programa baseado na inclusión educativa e na atención á diversidade na que as tres institucións traballan conxuntamente para acadar un cambio metodolóxico real que faga posible a detección e o fomento do talento de todo o alumnado. O programa inclúe un plan de formación para o profesorado, o desenvolvemento de proxectos na aula/centro integrados na programación e enmarcados no currículo de Galicia, a presentación e difusión destes e unha investigación da USC que inclúe a avaliación das competencias do alumnado.
Que é o SEM?
O modelo SEM é un plan organizativo de enriquecemento e intervención educativa que lle permite a todo o alumnado mellorar as súas experiencias de aprendizaxe e aumentar o seu rendemento, desenvolvendo ao máximo as súas potencialidades. Este enriquecemento, pensado para todo o alumnado, acádase a través de altos niveis de compromiso e o uso de experiencias de aprendizaxe desafiantes que se constrúen en torno aos intereses do alumnado, aos seus estilos de aprendizaxe e aos modos preferidos de expresión.
Cal é o obxectivo desta Feira de Proxectos?
Os oito centros educativos participan na Feira de Proxectos da Cidade da Cultura exhibindo os resultados dos seus proxectos en diferentes formatos a todos os membros da comunidade educativa. Con isto preténdese dar visibilidade aos traballos realizados e dar aos rapaces a oportunidade de converterse non só nos protagonistas, senón tamén nos auténticos expertos, expoñendo eles mesmos os produtos dos seus proxectos. Deste xeito, ao levar fóra das aulas o traballado, culmina o modelo SEM na súa fase III.
Asemade, no mesmo evento, terá lugar unha mostra das boas prácticas realizadas nos centros que están a participar do proxecto Piteas á que poderá asistir profesorado de todos os niveis educativos de Galicia.
Creamos así unha rede de colaboración entre centros que permite estender entre o profesorado galego unha dinámica de cooperación ao compartiren novas metodoloxías e experiencias levadas a cabo nas aulas grazas a Piteas.
Quen somos os que formamos Piteas e que vos presentamos na Feira?
É posible ver estrelas a plena luz do día? O alumnado do CEIP Ben Cho Shey de Pereiro de Aguiar, ofréceche esta posibilidade co seu Planetario. E se queres ter a seguridade de que non che vai quedar nada por ver da Feira de Proxectos, pasa polo stand ao comezar e convértete en “Mochiperegrino”.
Para aqueles que gustan da aventura, de explorar e das actividades de risco, que mellor reto que 17M17. O alumnado do IES A Xunqueira II de Pontevedra anda na procura de alternativas para a supervivencia da especie cara ao seu inminente éxodo da Terra. No seu stand veredes hologramas do destino, noticiarios da misión, investigacións para autoabastecer de alimentos á colonia, cúpulas para protexer os asentamentos, traballo con robots, e os códigos éticos e as ofertas de emprego da nova civilización.
Gústache viaxar? O alumnado do CPR A Inmaculada transpórtanos a Palmira, en Siria, onde podedes desfrutar da reconstrución de monumentos Patrimonio da Humanidade. E xa que estás, pon a proba os teus coñecementos sobre vida saudable, O Salnés, e a variada temática dos nove proxectos que fixemos este ano.
Ao alumnado do IES Arcebispo Xelmírez II de Santiago de Compostela non nos gustaba moito o noso centro así que puxémonos mans á obra coa intención de facer un contorno máis amigable. Se queredes ver o resultado, non dubidedes en pasarvos polo noso stand.
O alumnado do CEE de Panxón de Nigrán estarán encantados de convidarvos cunha pequena merenda elaborada por eles mesmos como resultado do seu proxecto de cociña. Ademais, se queredes saber o voso grupo sanguíneo ou estades interesados na robótica, pasade polo noso stand!
Dende Cangas para o mundo, pequenos artistas especializados en Picasso, grandes xeógrafos cos que percorreremos o mundo, vista aérea de restos arqueolóxicos, monicreques, teatro, ciencia, meteoroloxía... Todo isto ben merece unha parada obrigada no stand do CPR Eduardo Pondal de Cangas.
Que teñen en común unhas empresarias, uns creadores de cómics, unhas expertas horticultoras, uns cidadáns preocupados pola seguridade viaria que presentan un proxecto de mellora ao seu Concello,...? Que son alumnado do CEIP Carballal de Marín.
O alumnado do CPR Plurilingüe A Grande Obra de Atocha da Coruña amosaranvos o traballo realizado en torno á auga e o seu tratamento dende a antigüidade ata o presente e os seus desexos para o futuro. Tamén veredes rapaces de primaria dirixindo o tráfico, de volta na Idade Media ou convertidos en arquitectos. Acompañádenos tamén para coñecer os múltiples clústers realizados en todo o colexio e outras experiencias no ámbito científico e da oratoria.
ETIQUETADO EN: PROGRAMA PITEAS , FEIRA DE PROXECTOS , FORMACIÓN E MÉNTORING , TALENTO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-