BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Networking ‘Coñecerse para comprenderse’- Os medios dixitais e o terceiro sector

Mércores 14 de Novembro de 2018

10:00-14:00

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Require inscrición

Enlace aquí

Require inscrición
Enlace aquí


A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, poñen en marcha a segunda edición do Networking ‘Coñecerse para comprenderse’. Os medios dixitais serán os protagonistas dos grupos de debate multidisciplinar que se formarán para debater o seu papel á hora de realizar a información relacionada co terceiro sector.
 
Representantes das entidades do Terceiro Sector Social, ata un total de 21,  e dos medios de comunicación dixital, 15 xornalistas, debaterán, en grupos de traballo mixtos sobre temas de carácter social como inclusión, dependencia e outras cuestións sociais.
 
O obxectivo é promover un espazo de traballo e diálogo entre ambos sectores e analizar como afectan as novas tendencias informativas a través dun medio tan pouco controlable como é internet.

PROGRAMA

10.00 h. Recepción dos participantes e presentación.
 
10.15 h. Intervención do profesor da Facultade de Comunicación,  José Casás, sobre a guía de inclusión social elaborada pola Facultade de Comunicación da USC en colaboración co CPXG.
 
10.30 h. Debate en grupos. Cada grupo estará formado por 7 compoñentes de entidades do terceiro sector e 5 xornalistas. Estarán coordinados por un membro do Colexio de Xornalistas. O grupo centrará o seu debate nas seguintes cuestións, a modo de brandstorming:

  • O papel dos medios dixitais na información do terceiro sector
  • As fake news e a repercusión na comunicación sobre entidades
  • A contaminación da imaxe das entidades sociais por causa de informacións negativas
  • O sensacionalismo na información e o papel das Redes Sociais
 
12.00 h. Pausa café.
 
12.30 h. Posta en común das ideas recollidas nos grupos de traballo.
 
14.00 h. Finalización




ETIQUETADO EN: NETWORKING  ,  XORNALISMO  ,  INFORMACIÓN

PRÓXIMOS EVENTOS

  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •  
  •