BUSCAR
Networking ‘Coñecerse para comprenderse’- Os medios dixitais e o terceiro sector
Mércores 14 de Novembro de 2018
10:00-14:00
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Require inscrición Enlace aquí
Require inscrición
Enlace aquí
A Fundación Barrié e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, poñen en marcha a segunda edición do Networking ‘Coñecerse para comprenderse’. Os medios dixitais serán os protagonistas dos grupos de debate multidisciplinar que se formarán para debater o seu papel á hora de realizar a información relacionada co terceiro sector.
Representantes das entidades do Terceiro Sector Social, ata un total de 21, e dos medios de comunicación dixital, 15 xornalistas, debaterán, en grupos de traballo mixtos sobre temas de carácter social como inclusión, dependencia e outras cuestións sociais.
O obxectivo é promover un espazo de traballo e diálogo entre ambos sectores e analizar como afectan as novas tendencias informativas a través dun medio tan pouco controlable como é internet.
PROGRAMA
10.00 h. Recepción dos participantes e presentación.
10.15 h. Intervención do profesor da Facultade de Comunicación, José Casás, sobre a guía de inclusión social elaborada pola Facultade de Comunicación da USC en colaboración co CPXG.
10.30 h. Debate en grupos. Cada grupo estará formado por 7 compoñentes de entidades do terceiro sector e 5 xornalistas. Estarán coordinados por un membro do Colexio de Xornalistas. O grupo centrará o seu debate nas seguintes cuestións, a modo de brandstorming:
- O papel dos medios dixitais na información do terceiro sector
- As fake news e a repercusión na comunicación sobre entidades
- A contaminación da imaxe das entidades sociais por causa de informacións negativas
- O sensacionalismo na información e o papel das Redes Sociais
12.00 h. Pausa café.
12.30 h. Posta en común das ideas recollidas nos grupos de traballo.
14.00 h. Finalización
ETIQUETADO EN: NETWORKING , XORNALISMO , INFORMACIÓN
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-