BUSCAR
Actos arredor do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego
Xoves 14 de Setembro de 2017
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
A Fundación Barrié únese á conmemoración do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego coa xornada “Unha nova economía para a Galicia do porvir na industria e nos servizos” que se celebrará o 14 de setembro na Fundación Barrié, sede da Coruña.
Esta xornada forma parte dos actos programados en distintos foros co gallo do 40 aniversario do Museo do Pobo Galego. Cada foro incluirá varios relatorios breves sobre os puntos máis relevantes do tema en cuestión e un debate con participación do público asistente. O Comité Organizador está formado por Justo Beramendi, Manuel Blanco Desar, Xosé Manuel González Reboredo e Lino Lema Bouzas.
Agás esta xornada que se celebra na Fundación Barrié, sede da Coruña, todas as sesións terán lugar no auditorio do Museo do Pobo Galego e comezarán ás 19.00 hs.
Programa da Coruña
A Coruña, Fundación Barrié, xoves 14 de setembro 2017
Unha nova economía para a Galicia do porvir na industria e nos servizos
Carme Pampín Casal, presidenta de BIOGA, Clúster das Ciencias da Vida
Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio de Enxeñería Informática.
Cesáreo González Pardal, secretario do Clúster de Turismo e presidente de FEGATUR.
Modera: Enrique Sáez Ponte, do Padroado do MPG.
ETIQUETADO EN: MUSEO DO POBO GALEGO , 40 ANIVERSARIO
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-