Miró. Unha colección

Miró. Unha colección

Do 20 de febreiro ao 16 de maio de 2021

Exposición organizada por Fundación Barrié en colaboración con Fundación MAPFRE

A Fundación Barrié presenta a exposición MIRÓ. UNHA COLECCIÓN, con 47 obras de Joan Miró (Barcelona, 1893 - Palma de Mallorca, 1983), un referente ineludible na historia da pintura europea e un dos artistas máis influentes do século XX.  Pintor, escultor, ceramista e gravador, foi un dos máximos expoñentes do Surrealismo e un dos artistas españois con maior proxección internacional, autor dunha obra que chegou a exercer grande influencia tanto sobre os seus contemporáneos coma sobre as xeracións posteriores.
 
Con esta exhibición a Fundación Barrié retoma o seu programa de exposicións temporais de pintura de interese histórico que pretende achegar a Galicia o mellor da arte nacional e internacional. Nesta liña presentáronse mostras de grandes artistas como Pablo Ruiz Picasso, El Greco ou Joaquín Sorolla, entre outros.


Crédido da imaxe:
Joan Miró. Femmes et oiseaux II / Mulleres e páxaros II, 1969 Óleo sobre lenzo 50 x 61 cm. Colección Particular en depósito temporal
© Successió Miró 2020

CONTIDOS RELACIONADOS