BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


A muller galega no século XXI: rachando o teito de cristal

Xoves 27 de Decembro de 2018
11:30

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle unha mesa redonda organizada pola Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié co gallo da súa tradicional Xornada de Nadal. O tema versará sobre o papel da muller na sociedade galega actual.

A Xornada de Nadal, organizada anualmente na sede da Fundación Barrié, é o evento máis emblemático da Asociación de Bolseiros e persegue a dobre finalidade de promover o reencontro dos beneficiarios dunha bolsa de estudos e de profundar nun tema de actualidade e relevancia económica, política e social. 

 

PROGRAMA

11.30-11.45 h. Recepción de asistentes

11.45-12.00 h. Benvida a cargo de José María Arias Mosquera, presidente da Fundación Barrié e Fernando González Laxe, presidente da Asociación de Bolseiros da Fundación Barrié.

12.00-14:00 h. Mesa redonda:

A muller galega no século XXI: rachando o teito de cristal

  • Ana José Varela (Bolseira MBA 1996, Columbia Business School). Directora Financeira na OCDE.
  • Marisol Soengas. Xefa do grupo melanoma no Centro Nacional de Investigaciones Oncológicas (CNIO).
  • Andrea González Pérez (Bolseira Máster 2014, University of Westminster). Directora Técnica da Orquestra Vigo 430. Fundadora e Directora do Festival IKFEM. 
  • Matilde Massó Lago. Profesora contratada doutora da facultade de Socioloxía da UDC. É membro do Comité Executivo da Federación Española de Socioloxía e editora da RES.
 
Modera: Luz Paz Agras (Bolseira Investigación 2012, Bartlett School of Architecture). Doutora Arquitecta pola Universidade da Coruña, onde na actualidade é profesora na Escola Técnica Superior de Arquitectura. 



ETIQUETADO EN: CONFERENCIAS  ,  FEMINISMO

PRÓXIMOS EVENTOS