Liga Galicia Maker Drone
Liga Maker Drone
A Fundación Barrié e o Instituto Tecnolóxico de Galicia presentan a III LIGA MAKER DRONE, unha competición pioneira en España que ten como finalidade estimular a creatividade e o interese pola tecnoloxía entre os mozos galegos.
A LIGA MAKER DRONE celébrase anualmente, desde principios de outubro ata maio do seguinte ano. Nesta edición, 18 equipos integrados por estudantes de 2º ESO enfrontaranse ao reto de deseñar, programar e voar un dron capaz de resolver un problema social no menor tempo posible e co maior grao de eficacia.
A participación na LIGA MAKER DRONE é gratuíta e supón unha dedicación mínima de 30 horas, distribuídas entre formación tutelada e traballo autónomo do equipo. A Organización facilita os sistemas dron, así como a formación e orientación necesaria para construír e pilotar a solución tecnolóxica ao reto da edición. É unha competición de drons única en Galicia.
Acceda ao web da LIGA MAKER DRONE
CONTIDOS RELACIONADOS