Le Corbusier. Viaxe ao mundo dun creador a través de vinte e cinco arquitecturas

Le Corbusier. Viaxe ao mundo dun creador a través de vinte e cinco arquitecturas

Do 23 de maio ao 29 de xuño de 2002, Palma de Mallorca

Exposición dedicada á obra de Le Corbusier, autor da máis importante contribución realizada á actividade creativa e teórica da arquitectura do noso tempo. Presentada por vez primeira na sede da Fundación Barrié na Coruña, e comisariada por Pedro de Llano Cabado coa coordinación de Plácido Lizancos, a mostra continúa en itinerancia por localidades como Palma de Mallorca.

O obxectivo da exposición é converter en exhibición de carácter divulgativo unha innovadora experiencia didáctica, centrada nunha orixinal actitude ante a ensinanza das linguaxes secundarias da arquitectura por medio da súa análise. Con tal fin inclúe a reelaboración gráfica, con criterios homoxeneizadores, dos proxectos máis destacados do arquitecto Charles-Édouard Jeannneret, acompañada da súa revisión fotográfica, materiais audiovisuais e dun completo conxunto de maquetas analíticas que movéndose entre a escala 1:1 do Cabanon e solucións tan distantes como a utilizada para a asemblea de Chandigarh, axudaron no seu momento aos participantes do proxecto a comprenderen unha trascendental arquitectura.

A mostra nace do traballo desenvolvido durante cinco anos polos profesores e alumnos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, centro construído e equipado en 1973 pola Fundación Barrié.

CONTIDOS RELACIONADOS