BUSCAR
IV Xornadas de Experiencias en Educación Infantil. Elaboración do pensamento en nenos e nenas
Sábado 21 de Xaneiro de 2017
10:00-19:30
Sede Vigo
Aforo limitado
Require inscrición Enlace aquí
Seguindo coa iniciativa de anos anteriores, a Fundación Barrié convoca esta nova xornada de encontro e intercambio de experiencias de innovación educativa en Educación Infantil 0-6.
A Xornada deste ano centrarase no “desenvolvemento do pensamento” nos nenos e nenas e sobre a “documentación” de boas prácticas educativas.
Como os nenos e nenas constrúen o seu pensamento sobre as cosas, a vida e eles mesmos foi sempre un tema de especial interese para pais e educadores. Documentar o que facemos e fan os nosos nenos e nenas na escola infantil é unha condición básica para a mellora da calidade educativa e para poder intercambiar boas prácticas.
Prazo de inscrición: ata o 18 de xaneiro do 2017.
Programa
10.00-10.15 Rexistro de asistentes
10.15-10.30 Apertura e presentación
10.30-11.15 Conferencia Inaugural
“Escenarios educativos para o desenvolvemento do pensamento infantil”
Ángeles Medina. Orientadora do equipo de Atención Temprana de Colmenar-Tres Cantos e Profesora Asociada no Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UAM
11.15-12.00 1ª Experiencia Didáctica
"Escolas infantís de primeiro ciclo: centros para o desenvolvemento humano"
Felicidad Caballero. Directora da Escola Infantil Caeiro de Vigo
12.00-12.15 Preguntas e coloquio
12.15-12.30 Pausa
12.30-13.15 2ª Experiencia Didáctica
"Aprendendo a pensar de forma eficaz"
Marta Berbia, Coordinadora de Educación Infantil e titora de 6º de E.I. e Paula Expósito, Orientadora do CPR A Grande Obra de Atocha da Coruña
13.15-14.15 3ª Experiencia Didáctica
Título: "Ioga- Emociona. Proxecto educativo para incorporar a intelixencia emocional nas aulas a través do ioga, mindfulness e relaxación"
María Carballo. Profesora do CEIP Virxe do Rocío de Vigo
Autora do blog “A escola dos sentimentos”
14.15-14.30 Preguntas e coloquio
16.00-18.00 4ª Experiencia didáctica e Obradoiro
“Estímulo do pensamento creativo a través da música”
Paloma Rocafull e Arantxa García. Mestras da Aula de Desenvolvemento de Capacidades do CEIP Emilio Díaz de Alcañiz, Teruel
XXXI Premio Francisco Giner de los Rios á mellora da calidade educativa do ano 2016 para o 2º ciclo de Educación Infantil
18.00-18.15 Pausa
18.15-19.00 Conferencia de clausura
“Boas prácticas en Educación Infantil: documentalas e visibilizalas”
Miguel Angel Zabalza. Catedrático de Didáctica e Organización Escolar da Facultade de Ciencias da Educación da USC
19.00-19.15 Preguntas e debate
19.15-19.30 Conclusións e Clausura
Tanto as presentacións empregadas na Xornada como as conclusións ás que se chegue como resumo dela estarán a disposición dos asistentes na WEB da Fundación Barrié.
ETIQUETADO EN: EXPERIENCIAS , EDUCACIÓN INFANTIL , PENSAMENTO INFANTIL , BOAS PRÁCTICAS EDUCATIVAS , XORNADAS EDUCACIÓN
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-