BUSCAR
Exposición benéfica de ilustracións para visibilizar os TCA
Xoves 27 de Febreiro de 2020
Venres 28 de Febreiro de 2020
11:00-14:00 y 17:00-20:00
Sede A Coruña
Aberto ao público
A Fundación Barrié acolle na súa sede coruñesa “InvolucrARTE”, unha exposición benéfica de ilustracións realizadas por diferentes artistas, organizada pola Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña (ABAC).
A través desta iniciativa, a entidade sen ánimo de lucro quere visibilizar os trastornos da conduta alimentaria (TCA), en beneficio da saúde mental e física da sociedade. “Pretendemos informar a través da arte, co obxectivo de que esta sirva para concienciar e sensibilizar a cidadanía”, destaca Jorge Garnelo, responsable de comunicación de ABAC.
A exposición, que recollerá máis de vinte obras realizadas por distintos artistas, nacionais e internacionais, será de balde e poderá visitarse dende 27 ata 28 de febreiro no primeiro andar da Fundación Barrié. O público poderá acceder ambos días a “InvolucrARTE” tanto pola mañá (dende as 11.00 ata as 14.00 horas), como pola tarde (dende as 17.00 ata as 20.00 horas).
Ademais, as persoas que así o desexen poderán colaborar con esta causa poñéndose en contacto con ABAC, mediante calquera canle, para solicitaren máis información ao respecto. “Ogallá a xente se anime a apoiarnos para poder seguir a loitar contra os TCA con máis recursos”, sinala Garnelo.
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
DEBATE ACADÉMICO TDAG
-  
-
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
Mércores 22 de Xaneiro de 2025
Venres 07 de Febreiro de 2025
18:00-20:00 -  
-  
-
-
-
-  
-
-
-
-