Acto de inauguración da restauración do Pórtico da Gloria
O 2 de xullo de 2018, a Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía presidiu o acto de inauguración do proxecto de conservación e restauración do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago. Á súa chegada á Catedral de Santiago, Dona Sofía foi recibida pola presidenta do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijóo; o ministro de Cultura e Deporte, José Guirao; o presidente do parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices; o delegado do Gobierno na Comunidade Autónoma de Galicia, Javier Losada; o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega; o arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio e o presidente da Fundación Barrié, José María Arias.
GALERÍA DE IMAXES