III Torneo de Debate Académico de Galicia
III Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG)
A Fundación Barrié organiza a III Edición do Torneo de Debate Académico de Galicia (TDAG) co obxectivo de ofrecer aos máis novos e ás máis novas unha ferramenta excepcional para o seu desenvolvemento académico e persoal: a oratoria.
O TDAG está dirixido ao alumnado da E.S.O e Bacharelato dos centros educativos (públicos, concertados e privados) de Galicia. Os equipos poderán estar formados por un mínimo de catro e un máximo de cinco participantes.
A competición realizarase na sede da Coruña da Fundación Barrié do 25 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2021*. Previo ao desenvolvemento da competición, desde o 2 ata o 30 de noviembre 2020, impartiranse sesións de formación -online e en directo- en oratoria e en iniciación ao debate e á investigación.
Na súa II edición, celebrada en febreiro de 2020, o TDAG contou coa participación de 300 estudantes e 51 docentes procedentes de 36 centros educativos.
Actividade de balde. Prazas limitadas.
Lugar de celebración: Actividade semipresencial. Fundación Barrié. Cantón Grande, 9, A Coruña
Datas:
- Preinscrición: desde o 14 de setembro ata o 17 de outubro de 2020
- Inscrición: desde o 19 ata o 31 de outubro de 2020
- Formación: desde o 2 ata o 30 de novembro de 2020 (online e en directo)
- Competición: desde o 25 de xaneiro ata o 5 de febreiro de 2021
A pregunta desta edición é “Deben os países membros da Unión Europea limitar as liberdades fundamentais para salvagardaren o benestar colectivo?”
“Santa María del Mar”
EQUIPO GAÑADOR DA
III EDICIÓN DO TORNEO DE DEBATE ACADÉMICO DE GALICIA (TDAG)
CONTIDOS RELACIONADOS