BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


GIRL STEM: Derrubando estereotipos

Venres 19 de Outubro de 2018

12:00-13:30

Sede A Coruña

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (Agasol) e a Xunta de Galicia, a través da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), queren reducir a fenda de xénero que existe entre mulleres e homes nos estudos nos campos STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas), nas que o alumnado feminino apenas se sitúa en torno ao 30%. Para iso, poñen en marcha o programa 'GIRL STEM: derrubando estereotipos', que se desenvolverá nas sete grandes cidades galegas durante os meses de setembro e outubro. Trátase dun programa de mentoring con mulleres referentes de recoñecido prestixio que, a través de diferentes sesións de traballo, achegarán a súa experiencia ás máis novas, falando da súa traxectoria, clarificando dúbidas e contribuíndo a derrubar estereotipos.
Desde o 21 de setembro ata o 19 de outubro haberá diversos encontros entre rapazas da Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) e Bacharelato e mulleres tecnolóxicas referentes nos seus sectores. O obxectivo do programa consiste en orientar e empoderar ás rapazas con charlas inspiradoras destas directivas e investigadoras que lles falarán do seu traballo, para animar ás máis novas a escoller, se o desexan, titulacións STEM. Este programa forma parte do Plan de Talento Dixital de Galicia, DigiTalent 2020, impulsado pola Amtega.
A Fundación Barrié na súa sede da Coruña acolle a sesión que pechará a serie de encontros nas diferentes cidades galegas.
Esta xornada estará a cargo de Julia Bernal, a directora xeral de Red Hat en España e Portugal desde xaneiro de 2017. Ten máis de 25 anos de experiencia no sector das tecnoloxías da información (TI) e ocupou numerosas posicións técnicas e de liderado en xigantes tecnolóxicos como HP, Sun Microsystems e Oracle. 
Á sesión acudirá alumnado de varios IES da Coruña e a súa contorna así como doutros puntos da provincia, pero tamén haberá entrada libre á sesión ata completar o aforo.






ETIQUETADO EN: MÉTODO STEM  ,  CIENCIA  ,  TECNOLOXÍA  ,  ENXEÑARÍA  ,  MATEMÁTICAS

PRÓXIMOS EVENTOS