Xeometría da Natureza
Xeometría da Natureza
Proxecto didáctico
Xeometría da Natureza é un innovador proxecto didáctico nas áreas de Matemáticas e Ciencias para achegar o alumnado á existencia de padróns matemáticos e xeométricos na natureza e ao porqué da súa conservación ao longo da evolución biolóxica. Por outra banda, a través do proxecto inténtase tamén achegar as técnicas de realidade aumentada ao alumnado.
Ao longo do proxecto, os alumnos analizarán un conxunto de fotografías da natureza, extraendo padróns matemáticos e xeométricos para posteriormente poder construír unha análise da imaxe utilizando técnicas de realidade aumentada. Os alumnos, ademais, intentarán buscar unha argumentación biolóxica á existencia de ditos padróns e como e por que se viron favorecidos os padróns atopados ao longo dos procesos de selección natural.
CONTIDOS RELACIONADOS

Pechar