BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición RECONSTRUCIÓN. Obras dun taller de colaxe con material atopado

Fundación Barrié

Venres 09 de Xuño de 2017
Domingo 17 de Setembro de 2017
12:00-14:00 y 18:00-21:00
Lunes cerrado

Sede Vigo

Ata completar aforo

Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle na súa sede de Vigo, desde o 9 de xuño ata o 17 de setembro o proxecto expositivo RECONSTRUCIÓN. Obras dun taller de colaxe con material atopado, que amosa un traballo artístico colectivo, desenvolvido no obradoiro do mesmo nome organizado por Emaús Fundación Social en 2016 baixo a dirección de Ignacio Pérez-Jofre, que pretende provocar unha reflexión sobre a sobreabundancia de lixo na sociedade de consumo, a reutilización dos residuos e as capacidades formativas e transformadoras da arte. Esta experiencia colectiva contribúe ao desenvolvemento das capacidades de observación, análise, configuración e expresión a través da linguaxe da arte contemporánea e achega, como valor engadido, a materialización dunha iniciativa que tenta facer fronte aos estereotipos negativos e prexuízos existentes na sociedade cara ás persoas en situación de exclusión social.
A exposición inclúe, ademais das obras producidas no obradoiro, a realización dun mural colectivo realizado in situ por todas as persoas participantes, baixo a dirección de Ignacio Pérez-Jofre, así como o desenvolvemento de obradoiros abertos ao público que terán por obxecto a realización de composicións que serán integradas na exposición.





ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN  ,  ARTE CON LIXO

PRÓXIMOS EVENTOS