BUSCAR

FILTRAR

ÁREA
ACTIVIDADE
LUGAR
DATA

CALENDARIO

A actividade da Fundación Barrié a mes ou semana vista


SUBSCRICIÓN AO NEWSLETTER

Reciba no seu correo toda a actualidade da Fundación Barrié

Subscribirse


Exposición “Norman Parkinson: sempre con estilo” - Inauguración

Audrey Hepburn (1929-1993), fotografada en La Vigna, a casa de Hepburn nos arrabaldes de Roma, Glamour, Decembro de 1955

Norman Parkinson Archive / Cortesía de Iconic Images

Xoves 10 de Outubro de 2019

20:00

Sede A Coruña


Aberto ao público

A Fundación Barrié acolle, en primicia para España, a exposición retrospectiva Norman Parkinson: sempre con estilo. A exposición é comisariada por Terence Pepper, que foi Comisario de Fotografía na National Portrait Gallery de Londres durante máis de 40 anos e ofrece una xenerosa retrospectiva da influínte carreira de Parkinson, amosando 80 fotos que reflicten a transformación da moda feminina e que contribuíron a dar forma ao modo en que esta se comunicou ao público durante varias décadas.
 
Coñecido polo seu conxunto artístico innovador e único, Norman Parkinson foi partícipe das transformacións que tiveron lugar na fotografía de moda do século XX. Desenvolveu o seu propio estilo distintivo ao longo dunha carreira de 56 anos, comezando a fotografar na década dos 30 e traballando sen pausa ata o seu pasamento en 1990.
 
As súas imaxes capturan o estilo do século XX; desde a Gran Bretaña da década dos 30 e a austera moda da 2ª Guerra Mundial, o Novo Look parisiense dos anos 50 e o Swinging London dos 60, ata o glamour e brillo dos anos 70 e 80.
 
Parkinson gañou o recoñecemento nos seus primeiros anos ao traballar cun estilo alternativo e pouco convencional, ao revolucionar a fotografía desprazando as súas modelos femininas do medio estático, serio e controlado do estudio fotográfico a escenarios da vida real e lugares exóticos. Este estilo dinámico e espontáneo atraeu a atención de numerosas revistas de moda, entre as que se incluían Harper’s Bazaar, Vogue e Town & Country, o que supuxo o seu recoñecemento internacional.
 
Con esta exposición, a Fundación Barrié prosegue a súa aposta pola súa liña de exposicións temporais dedicada a clásicos e contemporáneos da fotografía, que permitiu amosar as imaxes de grandes fotógrafos como Paul Strand, Arnold Newman, Edward Weston, Alfred Stieglitz, Ansel Adams, Català-Roca, Caio Reisewitz ou, de xeito máis recente, Graciela Iturbide.
 
Durante o transcurso da exposición, a Fundación Barrié organizará unha serie de actividades complementarias, entre elas obradoiros didácticos para centros de ensino, colectivos de diversidade funcional e familias.

Lugar: Fundación Barrié. Cantón Grande, 9 - 15003 A Coruña
 
Datas: 10 de outubro de 2019 – 19 de xaneiro de 2020





ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN  ,  FOTOGRAFÍA  ,  NORMAN PARKINSON  ,  DIDÁCTICAS

PRÓXIMOS EVENTOS