BUSCAR
Exposición "Deseñar pontes"
Xoves 03 de Xuño de 2021
Domingo 18 de Xullo de 2021
Sede A Coruña
Aberto ao público
A Fundación Barrié acolle a exposición Deseñar pontes organizada polo o Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia e Fhecor.
As pontes foron desde a orixe da humanidade unha forma de comunicar e articular os territorios, unindo lugares e facilitando os desprazamentos. Deseñar pontes centra a aposta común de Fhecor e do Colexio de Enxeñeiros de Camiños por difundir boas prácticas do deseño. Unha iniciativa para mostrar ao público como é posible “tender pontes” facendo bo deseño e aplicando a innovación á enxeñería para deseñar obras que favorecen a calidade de vida ao facilitar a mobilidade.
A exposición mostra grandes obras de enxeñería de pontes e pasarelas que foron proxectados por Fhecor en distintos lugares do mundo. Está formada por pezas que se poden contemplar en formato de maquetas, fotografías ou audiovisuais e reúne proxectos de enxeñería de diferentes tipoloxías estruturais, algúns dos cales foi premiados en concursos internacionais de enxeñería e deseño. Expóñense claros exemplos de como a técnica interacciona coa paisaxe para crear unha obra duradeira que combina funcionalidade e estética e que melloran, sen dúbida, a vida dos cidadáns e das xeracións vindeiras.
Aproveitando a exposición, o Colexio de Enxeñeiros de Camiños organizou unha xornada de mesas redondas sobre o deseño das pontes desde Galicia.(10 xuño 2021)
CATÁLOGO
ETIQUETADO EN: EXPOSICIÓN , PUENTES , DISEÑO
PRÓXIMOS EVENTOS
DEBATE ACADÉMICO TDAG
DEBATE ACADÉMICO TDAG
TORNEO ESCOLAR DE ORATORIA (TEO)
V LIGA MAKER DRONE
-
Luns 26 de Xaneiro de 2026
Martes 03 de Febreiro de 2026
-
Xoves 05 de Febreiro de 2026
Venres 06 de Febreiro de 2026
-
Luns 09 de Marzo de 2026
Venres 13 de Marzo de 2026
-
Venres 08 de Maio de 2026
00:00-00:00 -
Sede A Coruña
-
-
-
-
-
-
-
-

Pechar