BUSCAR
Exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’
Xoves 10 de Maio de 2018
Domingo 10 de Xuño de 2018
19:30
Luns pechado
Sede A Coruña
Ata completar aforo
Aberto ao público
A exposición ‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’, coa que FEGADACE e as súas asociacións achegan, a través da fotografía, unha aproximación ao día a día desta discapacidade, chega o xoves 10 de maio á Coruña. Grazas á colaboración da Fundación Barrié, a mostra poderá visitarse durante un mes na sala de exposicións da entidade, na rúa Cantón Grande, número 9, andar -1.
A colección de imaxes, do fotógrafo compostelán Aigi Boga, realizouse nas cinco asociacións membro da Federación Galega de Dano Cerebral. Están protagonizadas polas persoas usuarias de ADACECO (A Coruña), ADACE Lugo, Alento (Vigo), Renacer (Ourense) e Sarela (Compostela), que amosan a súa vida cotiá, as actividades que desenvolven, os ratos de descanso, a convivencia... en definitiva, a vida despois do “punto e seguido” que constitúen un ictus, un accidente, ou calquera outra das causas do dano cerebral adquirido.
Acompañando á exposición, FEGADACE elaborou unha curtametraxe que tamén se poderá ver no acto de inauguración. Creada por Edición Rusa, conta con diferentes testemuños de persoas con DCA, familiares e profesionais das asociacións. Xuntos constrúen un retrato da complexidade de secuelas que compoñen o dano cerebral adquirido: físicas, sensoriais, económicas, cognitivas, sociais, orgánicas... Ambos os dous materiais foron elaborados co apoio da Deputación da Coruña. Para a organización da exposición contouse, ademais, coa colaboración da Fundación La Caixa.
Inauguración na Coruña
Despois de pasar un mes e medio exposta en Santiago, ‘Punto e seguido’ chega o 10 de maio á Coruña. No acto de inauguración vaise proxectar a curtametraxe e presentar a exposición. Está prevista a intervención dunha das persoas protagonistas do vídeo, dun membro de ADACECO, e de representantes das entidades colaboradoras co proxecto.
‘Punto e seguido. A vida despois do dano cerebral adquirido’ poderá visitarse na Fundación Barrié ata o 10 de xuño.
A continuación a mostra continuará o seu percorrido, que a levará, ao longo de 2018, ás cidades de Ourense, Vigo e Lugo.
FEGADACE. Federación Galega de Dano Cerebral
Rúa Galeras, 7, 2º Andar - Despacho 5 • Santiago de Compostela
881 943 148 • 654 866 967 (Irene Cancelas, responsable de comunicación) • comunicacion@fegadace.org
www.fegadace.org • facebook.com/Fegadace • @fegadacegalicia
ADACECO. Asociación de Dano Cerebral da Coruña
981 240 899 • 691 324 172 (Natalia de Llano, directora de ADACECO)
ETIQUETADO EN: DANO CEREBRAL ADQUIRIDO , EXPOSICIÓN , FOTOGRAFÍA
PRÓXIMOS EVENTOS
CONFERENCIA GABRIEL MENÉNDEZ TORRELLAS
CONFERENCIA MANUEL ARIAS MARTÍNEZ
CONFERENCIA DAVID GARCÍA CUETO
CONFERENCIA CARLOS REYERO
-
Xoves 14 de Novembro de 2024
19:30 -
Xoves 21 de Novembro de 2024
19:30 -
Xoves 28 de Novembro de 2024
19:30 -
Mércores 04 de Decembro de 2024
19:30 -
-
-
-
-
-
-
-