Feira Científica UDCiencia

Feira Científica UDCiencia

Prazo de inscrición do 08/01/2020 ata o 20/01/2020

A Fundación Barrié organiza unha nova edición da feira científica UDCiencia coa colaboración do Grupo UDCiencia d+i de Divulgación Científica e Innovación Docente da Universidade da Coruña, co obxectivo de espertar a curiosidade pola ciencia e contribuír ao desenvolvemento das vocacións científicas no alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros educativos de Galicia.

Nesta edición, UDCiencia contará con 10 obradoiros prácticos en distintos ámbitos da ciencia e da tecnoloxía, impartidos por profesores e alumnos de grao, máster e doctoramento da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña.

Máis de 3.600 escolares visitaron UDCiencia desde a súa primeira edición, permitíndolles descubrir as carreiras científicas desde a experimentación e o contacto directo cos seus protagonistas.

Datas e lugar de celebración: desde o 27 ata o 31 de xaneiro de 2020. Fundación Barrié (A Coruña)
Horario: entre as 09:30 e as 13:45 horas
Duración: 2 horas
Aforo máximo: 60 participantes
Actividade de balde. Prazas limitadas



 

CONTIDOS RELACIONADOS